InicioEconomíaRotas as negociacións: Goberno e Xunta cargan contra Alcoa pola "mala fe"...

Rotas as negociacións: Goberno e Xunta cargan contra Alcoa pola “mala fe” durante o proceso de venda

Sindicatos e multinacional retomarán as consultas do ERE este luns; a multinacional rexeitou unha oferta de "compra temporal" do Executivo central a través da SEPI

Publicada o

- Advertisement -

Ramón González Rey/EFE. O Ministerio de Industria e a Xunta de Galicia trasladaron ao comité de empresa de Alcoa “a súa decepción pola ruptura da negociación” do proceso de venda da planta de aluminio a Liberty House e consideran que a empresa norteamericana “actuou de mala fe” durante estas semanas.

A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, e o Vicepresidente Segundo e Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde López, reuníronse telemáticamente con representantes das federacións sindicais de UGT-FICA, CC OO de Industria e CIG, informou o ministerio nun nota.

Na reunión ambos Gobernos trasladaron aos representante sindicais “a decepción de ambos Executivos” ante o que consideran como mala fe de Alcoa, que “decidiu romper as negociacións para vender á británica Liberty House apenas unha hora antes de que finalizase o prazo establecido para chegar a un acordo“.

A compañía estadounidense “rexeitou sistematicamente” todas as ofertas que se puxeron sobre a mesa nas últimas semanas, segundo Industria, tanto desde o comprador interesado, Liberty House, como do propio Goberno de España, “que estaba disposto a comprar temporalmente a planta a través da SEPI (Sociedade Estatal de Participacións Industriais), para vendela inmediatamente a continuación aos británicos de Liberty”.

Esta última posibilidade xurdiu a raíz de que Alcoa rompese as negociacións directas con Liberty o pasado martes cando se xestionaba “unha operación novidosa e impecable, que cumpría todos os requisitos legais tanto españois como a nivel comunitario”.

OS GOBERNOS ESIXEN Á PROPIETARIA QUE “REFLEXIONE” E ACEPTE ALGUNHA DAS PROPOSTAS

Tanto Maroto como Conde han emplazado a Alcoa a que, antes da reunión de hoxe luns ás 9.30 horas, a reflexione “sobre as consecuencias que a súa decisión terá para os seus traballadores, as súas familias e a comarca da Mariña no seu conxunto“, e aceptar “algunha das solucións” que o Goberno lle ofreceu para salvar os postos de traballo da factoría de Lugo.

Ambas administracións mantiveron desde o principio que “si é posible alcanzar un acordo” que dea continuidade á produción de aluminio primario na planta e aos postos de traballo.

Segundo o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo “non existen argumentos que poidan xustificar unha decisión que prexudica a todas as partes”, especialmente aos traballadores de Alcoa San Cibrao e da industria auxiliar.

O Goberno e a Xunta “seguirán traballando para chegar a un acordo que garanta os postos de traballo e as capacidades produtivas da planta, co obxectivo de que non se pare a produción”, afirma a nota oficial, que non aclara por que, dada a negativa de Alcoa, non se optou por unha intervención pública da factoría, tal e como pedían os sindicatos no caso de que non frutificase unha venda.

MESA MULTILATERAL E REUNIÓN EN NIGRÁN POLO DESPEDIMENTO COLECTIVO

Deste xeito, o comité de Alcoa San Cibrao está convocado ás 9.30 horas, xunto coas Administracións, para a mesa multilateral telemática sobre o proceso de venda. Nunha mañá que se presume maratoniana, os sindicalistas viaxan arestora a Nigrán, onde ás 12.00 horas retomarán as conversas do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado pola propietaria. Para atender a primeira reunión, os obreiros deberán estar xa na vila pontevedresa e desprazarse durante tres horas de madrugada, segundo o esquema de Alcoa.

O despedimento colectivo podería afectar a 534 traballadores da fábrica e a outros 400 de empresas auxiliares e supoñer enormes consecuencias socioeconómicas para a comarca da Mariña.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...