InicioCulturaA axenda de ocio: Viveiro entrega o Vilar Ponte, conclúe o Mes...

A axenda de ocio: Viveiro entrega o Vilar Ponte, conclúe o Mes da Maxia e seguen as Olimpíadas

Novembro remata coa gala de Inclusiones, un concerto de Mamá Cabra ou charlas sobre feminismo, arquitectura, urbanismo histórico ou a velutina

Publicada o

- Advertisement -

Como cada venres, o Xornal da Mariña repasa a axenda cultural e de ocio da fin de semana.

BURELA

Este venres, desde as 21.00 horas no auditorio, O Batán (Cangas de Foz) interpretará no auditorio a obra de teatro ‘Bicos de vinagre‘.

Continúan as Olimpíadas da Mariña Central.

Na pasada fin de semana celebráronse as probas culturais, que deixaron como líder a O Valadouro (200 puntos), con Mondoñedo en segunda posición (175) e Cervo (150) completando o podio.

Este sábado, desde as 17.00 horas no auditorio de Burela, comeza a segunda proba, a artística.

Cervo apostará pola música tradicional, ao igual que O Valadouro; Alfoz polo teatro, con ‘O velatorio de Crisanto‘; Lourenzá, por un monólogo e música cantada; Foz recreará a obra ‘A Consulta‘; Burela fará un musical improvisado; Barreiros levará unha coral; e Mondoñedo interpretará a peza teatral ‘As tres preocupacións do Rei Cintolo‘.

O sábado, desde as 18.30 horas, o Pescados Rubén Burela FS defende a súa imbatibilidade na Segunda División ante o Itea Córdoba. Os socios poderán convidar a un amigo ou familiar ao encontro.

Lucho felicita a Renato despois dun gol. P. R. B.

FOZ

O venres, ás 18.00 horas no centro de interpretación de San Martiño de Mondoñedo, Ignacio López del Riego ofrecerá unha conferencia sobre arquitectura.

O filósofo valadourense Pepe Otero presenta ‘Impresións e ideas‘, compilación de artigos en prensa. Será o sábado, ás 13.30 horas, na casa da cultura de Foz.

MONDOÑEDO

Batitales organiza as segundas xornadas de urbanismo histórico de Mondoñedo. O sábado, desde as 18.00 horas na casa da xuventude, haberá conferencias a cargo de Abel Vigo, Roberto Reigosa, Marta Cendón e Javier Gómez.

O domingo, ás 11.30 e 16.00 horas, haberá visitas guiadas polo casco.

RIBADEO

O Observatorio da Mariña Pola Igualdade pecha o ciclo ‘Activismos contra o patriarcado‘.

Este venres, ás 20.30 horas, na Casa das Letras, haberá unha mesa redonda con empresarias e activistas sobre feminismo e desenvolvemento sustentable.

Inclusiones 2018, que impulsan a Fundación Edes e a Oficina Galega Doutros Asuntos do Movemento, mostrará o venres (19.30 horas, auditorio Hernán Naval de Ribadeo) seis propostas de arte inclusiva galega e asturiana.

María Fumaça, a Fundación Eu Son, a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña, a compañía tapiega Ilusiones, Adrián Vigo e o alumnado do colexio Jesús Álvarez, de La Caridad, ofrecerán unha mostra de talento e de capacidade para superar adversidades.

VIVEIRO

O venres, a partir das 20.30 horas no teatro Pastor Díaz de Viveiro, Adolfo Caamaño Vázquez recibirá o premio de novela Vilar Ponte.

Adolfo Caamaño. AXM

Rocío Leira Castro recollerá o segundo galardón nun acto que presentará o catedrático de Historia Contemporánea Lourenzo Fernández Prieto, e que será aberto ao público.

Antes, ás 19.00 horas, comezará na sala multiusos do consistorio unha charla sobre a velutina de Xesús Feás, científico que sintetizou dúas feromonas da avespa asiática.

O investigador falará da incidencia desta especie en Galicia e do futuro, pois toca convivir con ela.

O sábado, desde as 18.00 horas no mesmo escenario, Mamá Cabra ofrecerá un espectáculo musical para pequenos e grandes.

MES DA MAXIA

Conclúe o Mes da Maxia que impulsa a Mancomunidade de Municipios da Mariña.

Mago Rafa. AXM

O venres, o Mago Teto estará nas Sirenas (Viveiro) e Rafa actuará no Almacén (Cervo).

O sábado, Teto estará en Casa Franco (Adelán, Alfoz) e Rafa no Parador de Ribadeo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...