O Observatorio cita a políticas dos catro grandes partidos a nivel galego para falar de feminismo

Raquel Arias (PP), Olalla Rodil (BNG), Patricia Otero (PSOE) e Lídia Senra (En Marea) participarán na mesa redonda, o 5 de abril en Burela

Arias, Senra, Otero e Rodil, as catro participantes. AXM

O Observatorio da Mariña Pola Igualdade (OMI) citará o vindeiro venres, 5 de abril, a catro representantes dos partidos con maior representación en Galicia e na Mariña Lucense para conversar sobre ‘O presente e futuro das políticas feministas galegas‘.

A charla, moderada pola tradutora e activista do feminismo Olga Castro, e pola directiva da OMI Lucía Canoura, celebrarase no Hotel Nordés de Burela a partir das 20.00 horas, con entrada libre ata completar aforo.

Participarán na mesa redonda a deputada do Partido Popular (PP) no Parlamento Galego pola provincia de Lugo, Raquel Arias; a deputada parlamentaria do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG), Patricia Otero; a tamén deputada na Cámara galega, neste caso polo Bloque Nacionalista Galego (BNG), Olalla Rodil; e a eurodeputada no Parlamento europeo por En Marea, Lídia Senra.

Cartel do evento. AXM

PRESENTE E FUTURO

“Convidamos a catro políticas galegas a debater sobre o presente e o futuro das políticas públicas feministas e de igualdade, e tamén sobre o seu papel e experiencia como mulleres e representantes en diferentes ámbitos políticos e da administración”, expuxo o colectivo a través das redes sociais.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here