IniciosociedadeA Mariña rozará o 100% de ocupación hoteleira durante a Semana Santa

A Mariña rozará o 100% de ocupación hoteleira durante a Semana Santa

O sector espera máis visitantes ca na ponte do 2018 pola data máis tardía, que convida aos turistas a aproveitar mellor as vacacións

Publicada o

- Advertisement -

O sector hoteleiro da Mariña Lucense supera o 90% de ocupación a uns días de que comece a ponte da Semana Santa e prevé completar prazas nos vindeiros días.

Las Sirenas Viveiro ten practicamente completas as 238 prazas hoteleiras que ofrece entre as súas distintas alternativas. O Xoves Santo, o nivel de ocupación é do 100% nos seus tres hoteis, mentres que nos apartamentos turísticos da empresa cae apenas ao 96%. No tocante ao Venres Santo, reservouse o 93% dos aloxamentos ofrecidos.

No Hotel Ego de Area, o nivel de ocupación é similar, rondando o 100% das 45 habitacións durante toda a ponte. “Apenas nos queda algunhas prazas para o venres, pero son situacións puntuais e esperamos que estes días se reserven”, indican desde o aloxamento.

En Foz, o hotel Leytón, cunha capacidade de 54 cuartos, supera o 95% de ocupación xoves, venres e sábado.

Similares números mostran os hoteis en Ribadeo. O Cabazo cifra nun 95% a ocupación durante toda a ponte festiva, e agarda que nos vindeiros días se realicen as últimas reservas para completar as súas 42 habitacións. La Casona de Lazúrtegui, con 38 prazas hoteleiras, tamén agarda reservar todas as súas habitacións durante a Semana Santa.

O edil de turismo de Burela, Ramiro Fernández Rey, asegurou este martes tras unha consulta co sector hoteleiro do municipio que “a estimación que teñen os hoteis é de rozar o 100% de ocupación“.

BOA DATA

Case todos os negocios hoteleiros da Mariña consultados coinciden en que será unha Semana Santa mellor ca do ano 2018, cando se calculou que a porcentaxe de visitantes decreceu con respecto ao anterior exercicio, e tamén hai consenso en sinalar unha das causas da melloría.

“O ano pasado coincidiu moi cedo, en marzo, e o cambio de hora nótase moito. Os días son máis longos, hai máis luz e presta máis aproveitalos. Mediados de abril é a data ideal”, expoñen desde La Casona de Lazúrtegui, unha opinión que comparte a xerencia do hotel Leytón.

ATRACTIVOS TURÍSTICOS

Se a Semana Santa de Viveiro, que agarda a 30.000 visitantes, é o gran polo de atracción turístico nestas datas da Mariña occidental, a praia das Catedrais segue a ser o referente da Mariña oriental. “É polo que máis preguntan e polo que veñen boa parte dos turistas”, sinalan desde La Casona.

A variedade de reclamos turísticos da Mariña Lucense é o gancho para outros. “Un grupo vén con visitas programadas e irá ver de todo un pouco”, indican desde o Leytón. “Verán algunha procesión de Viveiro e As Catedrais, pero tamén San Martiño de Mondoñedo, Sargadelos, achegaranse a Mondoñedo e tamén a Taramundi“, precisan.

PROCEDENCIAS

No tocante ás procedencias, A Mariña Lucense segue a ser un xeodestino buscado preferentemente por turistas do resto do Estado. A porcentaxe de visitantes estranxeiros, precisan desde os hoteis, é moito menor.

AMPLIACIÓN DE HORARIOS EN VIVEIRO

O Concello informou que trala solicitude realizada á Xunta de Galicia, os establecementos de hostalería de Viveiro poderán ampliar o seu horario de peche, nunha hora máis do legalmente establecido, nas noites do mércores, xoves, venres e sábado.

BURELA ABRE O BARCO-MUSEO

O goberno local de Burela informou de que a oficina de turismo estará aberta durante a ponte, e tamén o barco-museo boniteiro Reina del Carmen, con tres visitas pola mañá e dúas pola tarde.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...