InicioCulturaMaruxaina, San Lourenzo e Mercado Medieval de Mondoñedo, pratos fortes da fin...

Maruxaina, San Lourenzo e Mercado Medieval de Mondoñedo, pratos fortes da fin de semana

A música terá especial protagonismo con Magín Blanco, Djang Dharma, Barahúnda, Laura LaMontagne, Carlos Bau, a Sinfónica de Galicia ou festivais de bandas e corais

Publicada o

- Advertisement -

O Xornal da Mariña repasa a axenda de ocio da fin de semana, protagonizada pola Maruxaina, o San Lourenzo e o Mercado Medieval de Mondoñedo.

BARREIROS

Djang Dharma actúan (venres, 23.00 horas) no Cámping Gaivota de con posterior queimada.

BURELA

Burela ofrece teatro infantil ao aire libre. Será o venres, día 9, na praza da Mariña ás 21.00 horas. ‘Meme, el caracol prehistórico‘ mestura a música nun espectáculo indicado para crianzas a partir de tres anos.

O domingo haberá rastro solidario na Praza da Mariña, de 10.00 a 15.00 horas.

Tamén o domingo, nas 13.30 horas, Laura LaMontagne ofrecerá un concerto na Casa da Avoa.

CERVO

Os cantos de serea da Maruxaina atraerán de novo a milleiros de persoas a San Cibrao, que vivirá unha fin de semana chea de actividades. Podes consultar aquí o programa completo, no que destacan os fogos artificiais e o desembarco (sábado, 23.00 horas) e o posterior xuízo popular á ninfa.

A Sacabeira Café Bar Cultural, en Sargadelos, ofrece este sábado (20.30 horas) un concerto de Barahúnda.

FOZ

Continúan as Festas de San Lourenzo en Foz. Ciclo Manía e Atenas amenizarán a verbena do venres (23.00 horas, Praza do Fontao e extensión do porto), mentres que o sábado honrarase ao patrón coa misa e a procesión. Á medianoite os fogos artificiais farán a delicia dos asistentes. Ao seu remate, verbena. Para o domingo queda a carreira Run Foz Run. Descarga neste pdf toda a programación de actividades. programa-san-lourenzo-2019

Fogos de San Lourenzo. AXM

MONDOÑEDO

Máis de 80 actividades e 150 postos son algúns dos atractivos da vixésimo oitava edición do Mercado Medieval de Mondoñedo, unha referencia das festas de época na Mariña Lucense. O programa completo, desde o venres ata o domingo, está nesta ligazón.

Mercado Medieval de Mondoñedo. AXM

RIBADEO

A Orquestra Sinfónica de Galicia presenta este venres o espectáculo ‘Música e valores’ no auditorio ribadense (21.30 horas), cun repertorio que inclúe unha peza da cantautora local Carme Rodríguez.

Cartel do festival. AXM

O parque de San Francisco acollerá o sábado o Concerto de Bandas de Ribadeo, coa formación local e a de Meira.

Continúa a Semana Náutica de Ribadeo, que se pechará o domingo coa tradicional Kalea a Abres.

TRABADA

O domingo, ás 21.00 horas na casa da cultura de Trabada, monicreques con Tanxarina Títeres, que interpretará ‘A galiña azul‘.

Actividades de agosto en Trabada. AXM

XOVE

O venres (21.00 horas), na piscina municipal, exhibición de barcos de radiocontrol.

VIVEIRO

Este sábado (10.00 horas, Xardíns Noriega Varela), inaugúrase a trixésimo quinta edición da Feira de Artesanía de Viveiro, coa presenza de 30 artesáns, entre eles Eferro ou Otero Regal. A apertura estaba prevista o venres, pero quedou adiada polo mal tempo.

 

Zocos de EFerro. AXM

Continúan as festas patronais de Viveiro, coa xornadas previoas ao día do Patrón, San Roque. O sábado sairán os cabezudos (12.30 horas) e haberá dous , o de Magín Blanco -pensado para un público familiar- e o de Carlos Bau. A disco móbil Mafer porá ritmo á noite.

A Coral Airiños de Campañó, dirixida por Enrique Alberto Martínez; a do Hospital Xeral-Calde de Lugo, con Fernando Gómez Jácome á fronte; Cantar Delas, e a Coral Polifónica Alborada de Viveiro, que dirixe Luis Vicente Fernández Prieto, participarán na trixésimo quinta edición do Festival de Música Coral viveirense.

Será o domingo, ás 23.00 horas, na Praza Maior.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...