InicioPolíticaPSOE e BNG de Burela ultiman un acordo para gobernar en coalición

PSOE e BNG de Burela ultiman un acordo para gobernar en coalición

As dúas formacións debaten o reparto das competencias e o acordo podería pecharse o mércores

Publicada o

- Advertisement -

O PSdeG-PSOE e mailo BNG de Burela mantiveron este luns unha nova xuntanza para a formación do goberno no municipio burelao, na que ambas as formacións avanzaron na conformación dun executivo de coalición.

Así o confirmou o alcalde en funcións e candidato dos socialistas, Alfredo Llano, que afirmou que “o máis doado é que o BNG se integre no equipo de goberno“. O rexedor concretou que os dous partidos están “a discutir as áreas, cunha proposta por parte do PSdeG-PSOE e outra pola parte da formación frontista; en moitas cousas coincidimos, pero noutras non, e temos que seguir negociando”.

Llano, que no pasado mes de maio, antes da repetición electoral na mesa 1.5.U do IES Perdouro, manifestaba a intención dos socialistas -a forza máis votada- de gobernar en solitario chegando a acordos puntuais, admite que “había dúas fórmulas; había un convenio-marco que xa estaba establecido para gobernar en solitario, pero cremos que se pode facer desde a esquerda un proxecto bo para Burela”.

O pacto posibilitaría un goberno estable, dado que as eleccións municipais deixaron seis edís para o PSdeG-PSOE, que perdeu a maioría absoluta, catro para o PP e tres para o Bloque.

O BNG MÓSTRASE ABERTO A FACILITAR A INVESTIDURA

O voceiro desta última formación, Mario Pillado, mostrouse máis cauto, á espera de, este martes, reunirse coa agrupación local do partido para informalos do falado. Os dous partidos quedaron en atoparse de novo o mércores, ás 17.00 horas –tres antes da manifestación a prol de Alcoa en Foz-, nunha xuntanza da que podería saír un acordo definitivo.

Pillado sinalou que na xuntanza “houbo avances” e que as conversas van “polo bo camiño”, aínda que apelou á prudencia: “como di Simeone, temos que ir partido a partido”. O voceiro dos nacionalistas mesmo, sen un acordo pechado, mostrouse favorable a posibilitar un goberno o 7 de decembro, día fixado para a investidura. “No caso de non chegar a un acordo, sempre se pode volver contactar despois”, expuxo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...