IniciosociedadeO Concello venderá o hospital de Cabanela á Fundación Dignidade un ano...

O Concello venderá o hospital de Cabanela á Fundación Dignidade un ano despois de mercalo

Trátase da empresa que xestiona o centro de menores ubicado nas dúas primeiras plantas do inmoble, que proxecta un aloxamento turístico e catro vivendas de inclusión

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo anunciou este venres a través dun comunicado de prensa que representantes da Fundación Educativa e Social Dignidade presentaron ao alcalde e á tenente de alcalde de Mondoñedo, os populares Manuel Otero e Elena Candia, respectivamente, unha oferta para adquirir o edificio coñecido como o antigo hospital de Cabanela.

Trátase da única oferta presentada ao procedemento de subasta pública iniciado polo goberno municipal un ano despois de adquirir o edificio por 450.000 euros, coa finalidade de crear nel un centro de menores. O executivo municipal contou para adquirir o inmoble cun convenio aprobado co Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), polo que deberá devolver o diñeiro a préstamo en oito anualidades de algo máis de 56.000 euros. A adquisición foi criticada pola oposición e o Concello licitou posteriormente o ben polo mesmo importe anticipado, nunha decisión criticada tanto polo PSdeG como polo BNG.

O INMOBLE FOI ADQUIRIDO POR 450.000 EUROS CUN ANTICIPO DO IGVS

Segundo expuxo o Concello na nota, “os servizos xurídicos informan que esta entidade cumpre os requisitos para tramitar a adxudicación definitiva”. Fundación Educativa e Social Dignidade explicou na reunión “o proxecto a situar no edificio que prevé crear un aloxamento turístico promovido pola mesma e xestionado pola Empresa de Inserción Laboral Grupo Dill e tamén catro vivendas de inclusión“. Deste xeito, o executivo local considera que a oferta “permite cumprir”, din, “un obxectivo social tan importante para a nosa sociedade”.

A Fundación Educativa e Social Dignidade é ademais a entidade que xestiona o centro de menores instalado nas dúas primeiras plantas do edificio, dotado con 17 prazas. e que segundo o goberno local creou unha ducia de postos de traballo. É “un tipo de empresa cuxa finalidade social se orienta á integración e formación social e laboral das persoas en situación de exclusión social como tránsito de emprego ordinario”, remarca o executivo municipal.

O inmoble é un edificio que tivo uso hospitalario na segunda metade do século pasado ata o ano 2003 que cesou a actividade.

“O antigo hospital de Cabanela é un edificio emblemático cuxa rehabilitación e restauración supón un avance na mellora do parque inmobiliario de Mondoñedo e mellora a súa imaxe urbanística, pero tamén permite dotar a esta localidade de novos servizos”, argumenta o executivo municipal, que concreta que devolverá o diñeiro emprestado polo IGVS “integramente unha vez rematado o proceso de venda”.

“Grazas ás novas negociacións do goberno local, adquire unha nova función, converténdose nunhas dependencias útiles á sociedade mindoniense, e poñendo en marcha un proxecto social que axuda a fixar poboación e que crea emprego”, conclúe o Concello.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...