InicioPolíticaDimite a edil de Foz Milagros Louzán na que supón a terceira...

Dimite a edil de Foz Milagros Louzán na que supón a terceira renuncia en algo máis dun ano no goberno local

Antes deixaron os seus cargos Verónica Peña, en xaneiro do 2020, e Héctor Moris, en agosto do pasado exercicio, ambos tamén ingrantes da candidatura socialista

Publicada o

- Advertisement -

A ata agora concelleira de Muller, Igualdade, Sanidade e Emigración do Concello de Foz, Milagros Louzán, presentou este mércores a súa demisión como edil. É a terceira renuncia desde o inicio da lexislatura dentro das filas dos socialistas, que gobernan en coalición co BNG.

Louzán cumprira precisamente un ano no cargo días atrás, o pasado 5 de marzo, e daquela substituíra a Verónica Peña, que en xaneiro do 2020 dimitiu por un conflito entre a empresa da que por aquel entón a edil era copropietaria e o Concello.

A segunda renuncia no seo do goberno focego, trala de Peña, foi a de Héctor Moris, quen deixou o seu posto nas áreas de Educación, Cultura e Festas en agosto de 2020, sendo substituído por Javier Fraga.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...