InicioEconomíaOs traballadores insisten en que a SEPI controle a venda de Alcoa...

Os traballadores insisten en que a SEPI controle a venda de Alcoa para evitar o acontecido en Avilés e A Coruña

Os traballadores din que sociedade estatal de participacións industriais (SEPI) "triangulará" a venda de Alcoa "chegado o momento, se é necesario. Pídenlle "celeridade" para que impulse a negociación e decidirán este mércores se van á folga desde o xoves.

Publicada o

- Advertisement -

AXENCIAS. A sociedade estatal de participacións industriais (SEPI) “triangulará” a venda de Alcoa “chegado o momento, se é necesario”. Así o asegurou o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, en declaracións aos medios de comunicación ao termo do encontro celebrado este martes entre o comité e o Ministerio de Industria.

Convocados polo ministerio para as 20,30 horas desta xornada de eleccións en Madrid, o propio Zan valorou que Maroto tomase parte da cita, despois de que ningún representante do Goberno central estivese presente na última mesa multilateral sobre o proceso, que naquel caso organizara Alcoa.

Pola súa banda, o ministerio destaca que a titular de Industria pediu aos sindicatos “unidade de acción para alcanzar un acordo satisfactorio que garanta as capacidades produtivas da planta de Lugo”.

O presidente do comité precisou que “de momento só hai unha empresa interesada, que se chama Alvance”, a división de aluminio do grupo GFG Alliance. “O resto din que mostran o seu interese pero non hai oferta algunha”, apostilou, antes de avogar por “traballar sobre o que hai”.

“DECIDIRÁN OS TRABALLADORES”

Pola súa banda, Zan fixo fincapé en que serán os traballadores os que decidan este mércores en asemblea o “rumbo” a seguir ante os últimos acontecementos. A folga, que suspenderon para tratar de facilitar as conversacións entre Alcoa e a SEPI, está previsto que se retome a partir deste xoves 6.

Por iso, o presidente demandou á ministra “celeridade” no envío dunha carta a Alcoa “dicíndolle que empezo xa o proceso de negociación e que eles chegado o momento se é necesario triangularán coa SEPI toda esa operación”. “Necesitamos que se envíe canto antes porque o día 6 empezamos a folga, pedimos celeridade e que esa carta tamén a envíen ao comité de empresa para que Alcoa non nos poida enganar”, expuxo.

Para o comité, é preciso “que a SEPI pivote en todo o proceso por que sexa un proceso xusto” e “que non pase como aos compañeiros da Coruña e Avilés“, cuxas plantas foron transferidas primeiro a Parter e logo a Grupo Riesgo e agora están intervidas xudicialmente ao haber indicios de descapitalización das instalacións.

José Antonio Zan chamou a atención, respecto diso, sobre a importancia de que a venda “sexa legal e con todas as garantías”, co ánimo de “evitar dentro de dous anos –estar– co mesmo problema”. “Ata que non teñamos os papeis asinados, aquí non vale nada. A xente está a pasar un calvario o últimos tres meses”, salientou o portavoz sindical. Para terminar, lembrou que o persoal foi “consecuente co que pedían as autoridades” e suspenderon a folga, pero criticou que, “ata o día de hoxe”, non hai “avance algún”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...