InicioCulturaA axenda de ocio: o comercio anima xaneiro con sorteos en Ribadeo,...

A axenda de ocio: o comercio anima xaneiro con sorteos en Ribadeo, Foz ou Mondoñedo

A cidade episcopal honrará o sábado a tres vítimas do franquismo, Siervo, Graciano e Manuel

Publicada o

- Advertisement -

Como cada venres, o Xornal da Mariña repasa a axenda cultural e de ocio da fin de semana.

BARREIROS

Vilamar celebra o sábado, desde as 21.30 horas, a novena edición da Festa dos Callos, que amenizará o grupo musical Fénix. O menú, de 23 euros, inclúe tamén a bebida, costela asada con pementos e patacas, postre, café e chupiño.

BURELA

Finalmente, a compañía encargada de recrear o musical ‘Supercalifragilístico‘, baseado en Mary Poppins, cancelou o espectáculo previsto para o sábado por falta de demanda.

Na delegación de cultura do Concello de Burela informan sobre como recuperar o prezo das entradas.

O colectivo Xebra organiza o sábado un obradoiro para familias de alternativas ao castigo, que impartirá Disciplina Positiva A Mariña. Será de 17.30 a 19.30 horas, cun custo de 30 euros por grupo familiar.

FOZ

Este venres comeza unha nova edición do Campañazo, que sorteará 2.400 euros en vales de compra en catro eventos ata o 1 de febreiro.

Cartel do Campañazo. AXM

Cada venres poranse en xogo 600 euros, 300 para o primeiro que cante bingo e 300 para o resto dos cartóns.

LUGO

O pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, acolle a inauguración -este venres ás 17.00 horas- dunha mostra sobre a Semana Santa de Burela, ‘Hai un lugar para ti‘.

Procesión na Semana Santa de Burela. AXM

MONDOÑEDO

Mondoñedo homenaxeará o sábado a tres vítimas do franquismo: Siervo González Rivas, Graciano Paz Amieiro e Manuel Rodríguez Núñez.

Ás 12.00 horas, haberá un acto a carón do cemiterio vello, onde se descubrirá un monólito na súa honra.

Ás 13.15 horas comezará unha mesa redonda na casa da xuventude, coa participación de familiares dos tres homenaxeados.

Cartel do evento, de Caxigueiro. AXM

O auditorio de Mondoñedo acollerá o sábado, desde as 17.30 horas, o espectáculo infantil ‘El Mundo de los Muñecos‘, con cantaxogos, maxia e humor. A entrada custa sete euros.

A Aciam sortea este sábado, ás 19.00 horas, 1.500 euros en vales de compra entre os seus clientes.

OUROL

A asociación Aturuxeiros de Bravos organiza o domingo unha tarde de bingo. Comezará ás 18.30 horas, no local social do colectivo.

RIBADEO

Acisa celebra o sábado a Festa do Comercio, que pecha a Campaña de Nadal.

O colectivo de comerciantes de Ribadeo sorteará 5.000 euros en vales de compra entre os seus clientes.

A Festa do Comercio comezará ás 20.30 horas, na carpa situada no Parque de San Francisco.

VIVEIRO

O centro psicopedagóxico Ilenia Canoura Baño acolle o sábado, de 11.00 a 14.00 horas, un obradoiro para pais e educadores sobre como sobrevivir ás rutinas.

Rematou o Nadal, pero aínda é posible ver o belén a tamaño natural ‘Viveiro ante o berce‘. O nacemento poderase visitar ata o domingo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...