InicioCulturaO Resu anuncia a King Diamond e mostra o cartel completo por...

O Resu anuncia a King Diamond e mostra o cartel completo por días

A organización do festival de rock de Viveiro porá o venres á venta as entradas por cada xornada, con prezos de entre 12 e 85 euros

Publicada o

- Advertisement -

A organización do Resurrection Fest deu a coñecer este martes novas bandas que actuarán na edición de 2019 do festival, entre os días 3 e 6 de xullo. O carismático King Diamond será o cabeza de cartel da xornada do sábado.

O cantante danés, considerado un dos mellores vocalistas do heavy metal, chegará a Viveiro cun espectáculo de produción completa.

A banda de punk The Adicts, que regresa ao ‘Resu‘ tralo seu concerto de 2011, o trash de Municipal Waste, Bury Tomorrow, Toundra, os portugueses Devil In Me e os franceses Kause 4 Konflikt estarán na décimo cuarta edición do festival.

ENTRADAS

Tras esgotar os abonos de tres e catro días, os promotores do Resurrection Fest porán o venres á venta as entradas para cada xornada, a un prezo de 75 euros máis gastos para xoves e sábado, de 85 máis gastos para o venres, e de 12 máis gastos para a festa de presentación do mércores.

Os interesados poderán adquirir os pases para o recinto do campo de fútbol de Celeiro desde as 12.00 horas.

Cartel definitivo do Resurrection Fest 2019. AXM

O VENRES, O PRATO FORTE

Neste senso, o Resurrection Fest anunciou o cartel do festival por días. O xoves será a quenda de Slayer, Gojira ou Parkway Drive, mentres que o prato forte da edición de 2019, Slipknot, protagonizará a xornada do venres, xunto a Arch Enemy e Trivium.

King Diamond, Lamb of God e Within Temptation serán os reclamos do último día do Resu, o sábado.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...