A axenda de ocio da fin de semana: as San Lucas e moito máis

Quico Cadaval, Sarabela Teatro ou Gloria Mamá Cabra e Diego Maceiras actuarán na bisbarra

Carlos Núñez. AXM

Repasamos a axenda de ocio dunha fin de semana protagonizada polas San Lucas, que ofrece tamén teatro, deporte ou actividades infantís.

BARREIROS

Os colectivos Adega e Ollomao impulsan na mañá do sábado unha limpeza da praia de Arealonga, no concello de Barreiros.

BURELA

Quico Cavadal presentará o venres na casa da cultura de Burela o seu espectáculo ‘Os Inocentes‘, baseado na Guerra Civil. O espectáculo comezará ás 21.00 horas.

O sábado, novo envite na casa para o líder da Liga Foro 16 Feminismo. Será un duelo de contrastes: Pescados Rubén Burela FSF, que comanda a táboa, medirase ao Guadalcacín, pechacancelas.

Xogadoras do Pescados Rubén nun partido da pasada tempada. BURELA FS

CERVO

O sábado, a partir das 12.00 horas na casa da cultura de San Cibrao, haberá un obradoiro para nenos, que poderán crear o seu propio superheroe ou superheroína.

O domingo, desde as 12.00 horas na biblioteca de Cervo, noutro taller pensado para crianzas, ensinarase a construír unha máquina de facer debuxos animados.

FOZ

O venres, a partir das 18.30 na casa da cultura, celebrarase o espectáculo musical infantil ‘Contos para un mundo mellor‘, a cargo de Gloria Mamá Cabra e Diego Maceiras.

O sábado, desde as 18.00 horas na escola de Fazouro, Xesús do Breogán proxectará fotos do seu arquivo: ‘Foz, onte e hoxe‘.

Ese mesmo día, ás 19.30 horas na casa da cultura, Sarabela Teatro recreará a obra ‘Normas para saber vivir na sociedade moderna‘. A peza humorística esconde unha crítica á falta de sinceridade. O prezo da entrada é de 3,5 euros, dous para estudantes e xubilados.

MONDOÑEDO

Continúa o programa das feiras máis antigas de Galicia. As San Lucas ofrecen un programa variado, con verbenas, concertos, monólogos, mostras folclóricas ou o habitual mercado -ao que se engaden postos de produtos ecolóxicos.

Os concertos de Carlos Núñez o domingo na catedral -coas entradas esgotadas- e do grupo de bachatas Extra, o sábado, son algúns dos atractivos do cartel, do programa, así como as mellores orquestras: París de Noia e Principal (venres), La Favorita e Israel (sábado) e Palladium (domingo).

RIBADEO

Os especialistas en comida xaponesa Álex Seoane e Antonio Reboredo ofrecerán un showcooking dentro das xornadas do sushi programadas polo Náutico Bar. Celebraranse o sábado e o domingo, cun menú especial a 25 euros. Reservan no teléfono 679.473.740.

O sábado, Chemi Lombadero presentará o libro ‘O Comercio marítimo da ría de Ribadeo nos séculos XVI e XVII‘. Será na Casa das Letras, desde as 20.00 horas. 

VIVEIRO

Ollomao Teatro representará ‘Enciclopedia Álvarez‘, peza sobre a educación durante o franquismo, o sábado, ás 20.30 horas, no teatro Pastor Díaz.

DÍA DO CANCRO DE MAMA

A Mariña encherase esta fin de semana de actos con motivo do Día Mundial polo Cancro de Mama. Podes coñecer as actividades previstas neste enlace.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here