InicioEconomíaSánchez compromete por segunda vez en tres meses o estatuto das electrointensivas

Sánchez compromete por segunda vez en tres meses o estatuto das electrointensivas

O presidente do Goberno en funcións di que aprobará o documento "nesta lexislatura", mentres que os traballadores fletarán autobuses para a manifestación en Santiago do luns

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do Goberno en funcións, os socialista Pedro Sánchez, asegurou nun mitin na Coruña que o Executivo central aprobará “nesta lexislatura” o estatuto dos consumidores electrointensivos. Trátase da segunda vez en tres meses que fai este anuncio -no mesmo lugar, a cidade herculina- logo de que dese por acadado este documento o pasado 10 de marzo, na campaña das eleccións xerais.

A finais do pasado mes de abril, a Administración estatal retirou a súa proposta e pospúxoa para despois dos comicios.

Sánchez afirmou que o Goberno aprobará “nesta lexislatura” unha figura legal singular para as empresas con alta demanda de enerxía eléctrica ao considerar que é “fundamental” para “industrias” como as existentes na Coruña.

Nunha intervención previa á do líder do PSOE, a candidata á alcaldía da Coruña, Inés Rey, mostrouse “convencida” de que este estatuto “vai saír adiante” para dar unha solución ao conflito da planta de Alcoa, que pechará o 30 de xuño de non haber compradores.

Unha vintena de traballadores da fábrica coruñesa concentráronse diante do Hotel María Pita, onde se celebrou o acto, cunha pancarta na que se puido ler ‘Peche non, Alcoa Solución‘.

O estatuto, aprazado segundo o Goberno tras un informe negativo da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC), é considerado fundamental non só para atopar compradores para as plantas da Coruña e Avilés, en proceso de peche, senón tamén para a viabilidade da fábrica de aluminio de San Cibrao, que Alcoa ve “en risco” ante a “incerteza” que supón o marco enerxético.

MANIFESTACIÓN EN SANTIAGO

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao, en conxunto co da planta da Coruña e os de Ferroatlántica Sabón e Cee-Dumbría-CCHH e de Celsa Atlántic, convocaron unha manifestación para o vindeiro día 20 en Santiago de Compostela.

Os representantes dos traballadores informaron de que fletarán autobuses para a veciñanza da Mariña Lucense que se anime a acudir á convocatoria, prevista para as 11.00 horas. Co lema ‘Por un futuro para a industria electrointensiva‘, a manifestación transcorrera dende o Estadio de San Lázaro ate diante das Consellerías da Xunta de Galicia.

Os interesados en anotarse poden facelo chamando ao teléfono 98255.55.00, coas extensións 1179, 1491, 1446, 1493, 1492. O xoves 16 de maio publicarase unha nota indicando as paradas e horarios.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...