InicioEconomíaAlcoa respectará os contratos dos eventuais malia a redución da produción

Alcoa respectará os contratos dos eventuais malia a redución da produción

A petición do comité, a multinacional manterá ata o final a relación laboral cos temporeiros que están a cubrir as vacacións do persoal de aluminio

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa de San Cibrao anunciou este venres a través dun comunicado de prensa que Alcoa aceptou a petición dos representantes dos traballadores de respectar os contratos dos eventuais -obreiros de Empresas de Traballo Temporal- que están a cubrir as vacacións do persoal da planta de aluminio.

A multinacional puxera en cuestión estes contratos ao sinalar que a rebaixa produtiva que pretende aplicar –coa parada de 32 das 512 cubas da serie de electrolise e cunha redución da produción do 11,25%- suporía “revisar” a relación laboral acordada con estes empregados, adiantando a súa finalización.

Do mesmo xeito, a dirección, expoñen os sindicatos, “informou que seguirá contando co persoal que superou os sete meses cunha avaliación positiva para cubrir as vacantes que se vaian xerando tal e como ten acordado co comité. Tamén comentou”, proseguen, “que continuará a cubrir as necesidades temporais na mesma liña que viña facendo ate o momento”.

O COMITÉ PEDIRÁ “UN COMPROMISO” DA ALUMINEIRA

Os traballadores seguen á espera dunha data concreta para reunirse co director de Alcoa na planta de Cervo e en España, Rubén Bartolomé. Nesta xuntanza pedirán compromisos a Alcoa da continuidade da produción de aluminio en San Cibrao “ademais de que renuncie a súa decisión de parar as 32 cubas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...