InicioEconomíaA Xunta di que o Goberno "desconectou" de Alcoa e o PSOE...

A Xunta di que o Goberno “desconectou” de Alcoa e o PSOE acusa ao PP de “utilizar” aos obreiros

O conselleiro de Economía esixe unha "reacción inmediata" para blindar San Cibrao e os socialistas aféanlle aos populares "querer sacar tallada" da situación da planta de aluminio

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia volveu criticar este mércores a “inacción” do Goberno de España en materia de política enerxética e, en concreto, no que respecta ao anunciado estatuto para as empresas electrointensivas, e reclamou ao Executivo unha “reacción inmediata” para dar solución á planta de aluminio de Alcoa, que a multinacional ve “inviable” sen un prezo máis barato da luz.

En declaracións aos medios durante unha visita ao Instituto Español de Oceanografía en Vigo, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, constatou que, “lamentablemente”, o Goberno de España “non está a dar unha solución” para que Alcoa e as empresas grandes consumidoras de enerxía poidan “competir en igualdade de condicións”.

A ese respecto, lembrou que a planta da Coruña conta agora cunha “solución parcial”, cun horizonte de “só dous anos”, e “por primeira vez, deixouse de producir aluminio primario”. Ademais, abundou, este escenario “pode pór en situación límite a planta de Alcoa en San Cibrao“, polo que asegurou que o contexto é “de enorme preocupación”.

CONDE RECLAMA ESTATUTO E COMPENSACIÓNS POR CO2

Conde lamentou que, a pesar dos anuncios de aprobación dun estatuto para empresas electrointensivas, e a que a Xunta presentou alegacións, non coñece nin o borrador, nin se respondeu a esas alegacións do Goberno galego. “Está a piques de acabar 2019 e non coñecemos os mecanismos que se van a establecer nese estatuto, non sabemos cando se van a executar os mecanismos de compensación de CO2, nin a aplicación dos 90 millóns de axudas (nin a ampliación ata 200 millóns)“, criticou o conselleiro.

Francisco Conde lamentou a “desconexión” do Goberno na súa política enerxética das “necesidades” de Alcoa, á vez que reiterou que a Xunta seguirá sendo “aliada” dos traballadores e mantendo unha “actitude colaborativa”, aínda que “esixente” co Executivo central.

“IMAXE GROTESCA” DO PP, A XUÍZO DOS SOCIALISTAS

A secretaria provincial socialista, Patricia Otero, acusou ao Partido Popular (PP) de “tentar utilizar a preocupación dos traballadores de Alcoa” para “sacar tallada política“.

A deputada burelá valourou así as declaracións realizadas o pasado martes polos populares diante da factoría cervense, onde anunciaron que presentarán mocións para urxir ao Goberno español a fixar unha data para a aprobación do estatuto de consumidor electrointensivo.

“A grotesca imaxe que nos regalaron ás portas de Alcoa exemplifica a imaxe dun partido entregado á demagoxia, e sen aportar nin unha soa solución, solo fotos e posados”, criticou a deputada burelá.

Otero afirmou que os populares “se dedican a intentar a poñer paus na roda das solucións, intentando sementar inquietude entre os traballadores” e cargou contra a cúpula provincial do partido ao sinalar que a “súa irresponsabilidade está comprometendo tamén a imaxe da propia Xunta, xa que tamén a somete aos seus xogos partidistas”.

DEFENSA DO GOBERNO DE SÁNCHEZ

A socialista preguntouse “onde estiveron durante os sete anos de Goberno do Partido Popular” e sostivo que “o Executivo de Pedro Sánchez está abordando medidas para asegurar a continuidade do emprego dos traballadores da factoría”.

“Fíxose coas factorías de Avilés e A Coruña, ademais, púxose en marcha xa unha estratexia de aforro para os consumidores electrointensivos que sen dúbida mellorará a situación de Alcoa en San Cibrao, sentando as bases para asegurar o emprego”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...