InicioEconomíaCaballero e outros cargos do PSOE reuniranse cos traballadores de Alcoa o...

Caballero e outros cargos do PSOE reuniranse cos traballadores de Alcoa o vindeiro luns en San Cibrao

A deputada no Congreso Ana Prieto e o senador César Mogo tamén participarán no encontro, xunto a alcaldes da formación na Mariña Lucense

Publicada o

- Advertisement -

A secretaria provincial socialista e deputada autonómica, Patricia Otero, avanzou este sábado que o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero encabezará a delegación socialista na xuntanza de traballo co comité de Alcoa. A reunión será este luns dia 9 de setembro ás 11.30 horas, na fábrica de San Cibrao.

A secretaria provincial explicou que neste encontro participarán ademais os alcaldes e alcaldesas de Viveiro, Trabada, Alfoz, Burela, Foz, Ourol, A Pontenova e o voceiro socialista no municipio de Cervo. Nesta cita tamén estarán presentes a deputada socialista no Congreso Ana Prieto e o senador César Mogo.

Otero remarcou que “dende o PSdeG-PSOE vamos a seguir traballando e negociando dende todos os estamentos para que os traballadores de Alcoa e as súas familias teñan un futuro digno”.

SEGUNDA XUNTANZA

Caballero xa mantivo unha xuntanza de traballo co comité de Alcoa o pasado 2 abril na fábrica de San Cibrao, na que tamén estivo acompañado de cargos orgánicos do PSdeG-PSOE.

REUNIÓN COAS AUXILIARES POLAS MOBILIZACIÓNS

O comité mantivo o pasado venres unha xuntanza cos representantes dos traballadores as empresas auxiliares para que os cadros de persoal respalden as mobilizacións previstas. O día 12 os sindicatos someterán a referendo na asemblea o calendario de protestas aprobado en pleno, que se iniciaría ao día seguinte, venres, cunha concentración no cruzamento do Castelo, de 14.00 a 14.30 horas.

MESA DE TRABALLO COAS ADMINISTRACIÓNS

Xunta e sindicatos instaron ao Goberno a activar unha mesa de traballo polo futuro da planta de aluminio, que Alcoa ve “inviable” sen un abaratamento da enerxía eléctrica. A multinacional reduciu un a produción na factoría, onde traballan de xeito directo máis de 600 persoas, nun 11%, coa parada de 32 das 512 cubas de electrolise.

Os obreiros seguen a reclamar a aprobación do estatuto do consumidor electrointensivo e a ampliación ao máximo permitido –200 millóns de euros– das compensacións por emisións indirectas de dióxido de carbono (CO2).

A cambio destas medidas en beneficio da empresa e da industria electrointensiva, os traballadores esixen ás Administracións que requiran ás compañías investimentos e garantías da continuidade do emprego.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...