InicioEconomíaMaroto pide a Alcoa que retire o ERE e negocie: "ten unha...

Maroto pide a Alcoa que retire o ERE e negocie: “ten unha obriga con Galicia e con España”

A ministra de Industria reclama á Xunta que esixa á multinacional, como autoridade laboral, a retirada do despedimento colectivo; o BNG ve na intervención "a única solución"

Publicada o

- Advertisement -

A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, pediu á multinacional estadounidense Alcoa que dea unha resposta ás alternativas expostas polo Goberno central, ao considerar que “ten unha obriga con Galicia e con España“.

Na sesión de control ao Executivo estatal, Maroto argumentou que sempre é mellor apostar por unha solución que polo peche da planta, e pediu á Xunta de Galicia que esixa unha ampliación do período de consultas do Expediente de Regulación de Emprego (ERE), que vence o venres. A ministra lembrou que o Goberno puxo sobre a mesa de Alcoa distintos mecanismos, entre eles un plan industrial, que ao principio a multinacional rexeitou e que agora “parece estar a valorar“.

Paralelamente, Industria segue traballando na procura de investidores interesados en aproveitar a actividade produtiva da planta. Por iso, sinalou que a empresa ten actualmente dúas alternativas: ou facer investimentos na planta con outros socios ou vendela.

O BNG RECLAMA A INTERVENCIÓN

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, considerou que a “única solución” para a planta galega é a intervención pública. Deste xeito, lembroulle á Ministra de Industria que Alcoa xa rexeitou a proposta de vender e a de buscar investidores ou socios enerxéticos e que persiste na súa folla de ruta, que é a de parar as cubas e fechar a planta de aluminio.

O deputado do BNG lamentou que Maroto, eludise responder claramente se o Goberno español ten vontade de nacionalizar ou non a planta de San Cibrao.

Rego, no Congreso. AXM

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

RETÓMANSE AS CONVERSAS DO ERE

Por outra banda, o comité de empresa de Alcoa San Cibrao retomou na mañá deste mércores as negociacións o período de consultas do ERE, que suporía o despedimento de 534 obreiros na planta de aluminio e outros 400 en auxiliares.

O presidente do comité, en declaracións a Efe, recoñeceu que, “neste momento, a empresa só quere falar dunha alternativa”, que pasa polo “peche” da fábrica de aluminio primario e o “despedimento” dos traballadores.

Así o asegurou que o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, esta mañá, antes de entrar na reunión que se está celebrando nun restaurante de Lugo entre a representación dos traballadores e os enviados pola multinacional.

O COMITÉ URXE AO GOBERNO A QUE PRESENTE POR ESCRITO O PLAN INDUSTRIAL

Zan reclamou ao Goberno central que presente por escrito, como comprometeu, a proposta de plan industrial para a planta de aluminio. “Seguimos esperando por ela. Estamos ansiosos por recibila. Onte non a recibimos. Puxémonos en contacto co Ministerio, pero tampouco nos colleron o teléfono. Esperamos que canto antes nos devolvan as chamadas e nos envíen a documentación”, precisou o presidente do comité.

Segundo Zan trátase “dunha documentación máis que clave para a solución, a dous días da finalización” do período “formal” de consultas do ERE. De feito, recordou que o Ministerio comprometeuse a facer chegar a documentación do plan industrial e enerxético para Alcoa onte, así como a fixar unha data para a reunión da mesa multilateral, na que está presente a empresa, o comité e as Administracións públicas.

En todo caso, dixo que aínda hai tempo para reconducir esta situación, “se a empresa ten interese” ou se lle “obriga” a poñer outras opcións encima da mesa, non só a aplicación dun ERE?.

“ALCOA SÓ FALA DE PARO DAS CUBAS E DE DESPEDIMENTOS”

“Imos ser claros, a negociación da empresa non é a negociación dun ERE. A negociación dun ERE é para buscar solucións e analizar as alternativas que hai. Alcoa só quere falar dunha alternativa. O paro das cubas e o despedimento, nada máis?, insistiu.

Por iso, recoñeceu que a situación está “peor que ao principio”, porque “só quedan dous días” e “ese ultimátum que dixo o Goberno que ía dar, non se viu por ningún lado”.

En canto á folga indefinida convocada na factoría por parte do comité, Zan dixo que os traballadores están “cumprindo” e loitando polos seus postos de traballo. “Agora quen ten que dar o Do de peito é o Goberno. Poñer á multinacional no seu sitio e parar este ERE”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...