InicioEconomíaDez auxiliares, abocadas ao peche e outra vintena ameazadas co despedimento colectivo...

Dez auxiliares, abocadas ao peche e outra vintena ameazadas co despedimento colectivo de Alcoa

A aplicación do ERE sería letal para unha decena de empresas que teñen o 100% dos contratos en aluminio, e a incerteza tamén alcanza a aquelas con servizos en ambas fábricas

Publicada o

- Advertisement -

O despedimento colectivo que vén de anunciar Alcoa na planta de aluminio de San Cibrao, e que suporía a perda de 524 postos de traballo na factoría, terá unha afectación demoledora tamén na industria auxiliar, o conglomerado de arredor dunhas 30 empresas que realizan distintos traballos no complexo industrial de Cervo. Os sindicatos estiman que alomenos outros 400 obreiros poderían quedar na rúa.

CINCUENTA COMPAÑEIROS NA RÚA DESDE A PRIMAVERA

Non son unicamente 400 e os obreiros das auxiliares foron, de feito, os primeiros en caer, xa na primavera, cando a multinacional anunciou que renunciaba á brascaxe das cubas de electrólise, que agora quere clausurar definitivamente. A supresión das tarefas de reparación da maquinaria, esenciais para alongar a súa vida útil, supuxo senllos Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (Ertes) en Reymogasa e Cyrgasa.

“NON TEMOS CLARO QUE AS EMPRESAS CON CONTRATOS EN ALÚMINA SOBREVIVAN”, DIN OS SINDICATOS

No contexto do Expediente de Regulación de Emprego (ERE), a situación dos obreiros é de novo singular; non teñen vinculación contractual con Alcoa, pero son absolutamente dependentes do complexo industrial, ata o punto de que dez das empresas auxiliaresCotelsa, Reymogasa, Rodabell S. A. e Montajes Rodabell, Industrias Xove, Noguera, Jofrasa, Mayco, Tecresa e Pasek– teñen “o 100%” dos seus contratos na planta de aluminio e estarían abocadas ao peche.

Arredor doutra ducia de firmas teñen contratos en ambas factorías, na de alúmina e na que a multinacional estadounidense vén de anunciar o peche. “Neses casos, non temos claro que estas empresas sobrevivan só cos acordos que teñen na refinería ou terán que despedir ao 100% do persoal”, explica Kike Rocha, que exerce como voceiro da coordinadora que aglutina a representación sindical das contratistas.

Ademais de nas anteriormente mencionadas empresas, a plataforma reúne a representación sindical en TerpilJofrasa, GarmilMaesa e IsotrónMecanizados RodabellSaur XoveSertosa NorteDominionDaorjeMantenimientos Mafer e Recalnor.

“NON SABEMOS QUE VAI PASAR CON NÓS”

“Son horas difíciles, é un shock, pero é o momento de manter a calma e seguir a nosa folla de ruta”, expón Rocha. O sindicalista sinala que “aínda que é un trago amargo e a xente está coa cabeza baixa, este anuncio non é máis que confirmar o que Alcoa ameazaba con facer desde hai tempo. Entramos nunha nova fase do conflito, queda loita por diante e hai que manterse serenos”, sostén.

Polo de agora, os obreiros de auxiliares non recibiron notificación ningunha das súas empresas, á espera do que lles comunique sobre os contratos unha multinacional que se exime de responsabilidade, porque malia que centos de obreiros traballan todas as súas horas da xornada laboral, cada día, no complexo de aluminio, Alcoa contrata “servizos e non traballadores”. “A incerteza é total e absoluta; quedamos sen saber que pasará con nós nin cando aplicarán as medidas nas contratistas”, resume Rocha.

RECLAMAN A INTERVENCIÓN DA FÁBRICA

“O camiño está claro. Seguir da man cos obreiros do complexo industrial e esixir a Xunta de Galicia e ao Goberno central que interveñan a factoría. Se non o fan defenderémonos tanto xudicial como laboralmente. O Goberno de Feijóo prometeu tanto na mesa multilateral como no Parlamento que pediría a intervención se Alcoa non rectifica, polo que debe pedilo xa e colaborar co Estado para que pase dunha vez á acción”, sostén.

“A xente está coa cabeza baixa, pero se o pensas ben, é algo que viñamos vendo que ía chegar; entramos nunha nova fase do conflito e non estamos para nada mortos, queda moito por loitar”, conclúe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...