InicioEconomíaA Xunta ve "drástica" en exceso a intervención e insiste en que...

A Xunta ve “drástica” en exceso a intervención e insiste en que traballa para que Alcoa “entre en razón”

Rueda asegura confiar na posibilidade dunha venda malia que admite que a multinacional está a ter un comportamento "irresponsable e desleal"

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, referiuse este luns ao peche da planta de aluminio de Alcoa, asegurando que a solución pasa “por facer que a multinacional, que está tendo un comportamento irresponsable e desleal, entre en razón”.

Nunha entrevista para a Cadena Ser, Rueda afirmou que o Goberno autonómico vai tentar “con todos os medios” que haxa unha solución ao conflito laboral na fábrica de aluminio de San Cibrao, onde a multinacional presentou un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que suporía o despedimento de máis de 900 obreiros entre a factoría e a industria auxiliar.

O vicepresidente primeiro da Xunta non descartou a vía xudicial, pero preguntado sobre a posibilidade dunha intervención pública da planta, que reclaman os traballadores, espera que se poida lograr unha solución antes e sen “medidas tan drásticas”, que sería “mellor para todos”. “Non se trata de derrotar a Alcoa, pero si que teñen que saber que nos van a atopar en fronte”, aseverou.

CABALLERO ANIMA A CONTEMPLAR “TODAS AS VÍAS DE INTERVENCIÓN POSIBLES”

Por outra banda, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asegurou o pasado domingo que é necesario “contemplar todas as vías de intervención posibles” para evitar o peche da planta de Alcoa na Mariña.

Nunha entrevista a Radio Nacional de España, o socialista defendeu que “hai que dicirlle a Alcoa que non se pode pechar unha planta que é viable e para a cal hai un investidor, simplemente para eliminar un competidor no mercado”. Este é, ao seu entender, “o argumento que cremos que ten moito peso nestes momentos”. “É unha empresa estratéxica, e se o Ministerio de Industria e o Goberno de España contemplan a posibilidade de que a Sepi poida incorporar a Alcoa para poder cedela logo a Liberty House, hai que tomar todas as decisións posibles para manter esa actividade e, desde logo, hai que barallar e aplicar esa intervención que evite a pechadura da planta”, sinalou.

O ATLETA ROBERTO SOTOMAYOR, COS TRABALLADORES

Os traballadores de Alcoa levan un longo percorrido pola continuidade dos empregos e da produción. Esta fin de semana recibiron o apoio de todo un tricampión de Europa de atletismo e subcampión do mundo na categoría máster, Roberto Sotomayor.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...