InicioEconomíaO comité pide unidade social e institucional para facer que Alcoa venda...

O comité pide unidade social e institucional para facer que Alcoa venda Aluminio a Liberty House

Os traballadores, que insisten na "mala fe" da propietaria nas negociacións coa potencial compradora, alertaron desde a muralla de Lugo de que "non se pode vivir só do turismo"

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Membros do comité de empresa de Alcoa San Cibrao lamentaron este venres a “mala fe” que está exhibindo a multinacional no proceso para a venda da fábrica de aluminio da Mariña Lucense á compañía GFG Alliance -Liberty House-, ao negarse a subscribir un contrato de fornezo de alúmina por máis de cinco anos ou a conceder un dereito preferente para a compra do o complexo industrial completo, incluída a propia factoría de produción de materia prima.

O comité de empresa trasladou hoxe as súas demandas á cidade de Lugo e varios dos seus membros despregaron unha mensaxe sobre a Porta de San Fernando para recordar que na Mariña “non só se vive do turismo“, ademais de lanzar as habituais consignas a favor da venda da planta e contra a postura de Alcoa.

INSTA A “AUMENTAR A PRESIÓN” ANTE DÚAS SEMANAS “FUNDAMENTAIS”

En declaracións aos medios de comunicación, o seu presidente dixo que haberá que manter a presión social “nas dúas próximas semanas, que van ser fundamentais”.

“Pedímoslle ao Goberno de España e á Xunta de Galicia que concreten unha data para facer unha mesa tripartita, poñernos todos de acordo e ir todos na mesma dirección”, engadiu o presidente do comité, porque “a solución pasa por que esteamos todos unidos”.

OS SINDICATOS CREN QUE ALCOA “BOICOTEA” A OPERACIÓN

Ao seu xuízo, o maior escollo para levar a porto as negociacións está no feito de que Alcoa só se compromete “a un contrato de cinco anos” de fornezo de alúmina á planta de aluminio primario que pretende comprar o grupo Liberty House, o que ao seu xuízo é unha mostra máis da “mala fe” da multinacional e da súa intención de “boicotear” o proceso de venda.

“Vese mala fe tanto para a planta de GFG Alliance, se a chega a comprar, como para a planta de alúmina, porque é moi curioso que non queira comprometerse a máis de cinco anos de contrato, cando lla van a pagar a valor de mercado. Calquera querería asegurar a venda. Ademais, é beneficioso para Alcoa, porque non tería que sacar a alúmina polo porto e o custo de produción sería, polo tanto, máis baixo“, precisou.

O comité ten “moi claro que existe mala fe”, porque Alcoa negouse a vender a planta de alúmina e a concederlle a GFG Alliance un posible “dereito de tenteo” si nalgún momento se decidise a poñer a refinería no mercado ou toma a decisión de pechala, así como a subscribir “un contrato a longo prazo” para o fornezo da materia prima que necesita a planta de aluminio.

O PERSOAL CONFÍA NO PLAN INDUSTRIAL DE LIBERTY HOUSE

O “máis importante agora” é saír da situación de “bloqueo” actual, dixo Zan, quen recoñeceu que os gobernos da Xunta de Galicia e de España están facendo “presión“, pero “teñen que presionar aínda moita máis” para conseguir que esta fábrica “poida ter un futuro” e “A Mariña poida vivir da industria e non só do turismo”.

Ao seu xuízo, o “plan industrial” presentado polo posible comprador da fábrica “é positivo” porque suscita a viabilidade da factoría a 25 anos e investimentos concretos para sacar da fábrica produtos de “maior valor engadido. Creo que é a donde temos que ir, como empresa e comarca”, dixo Zan.

O 27 DE SETEMBRO, DATA LÍMITE PARA UN TRASPASO

Por iso, anunciou que o comité ten previsto incrementar as medidas de presión, porque “Alcoa mantén a mesma postura que tiña durante a negociación do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) e hai que facer que cambie de opinión. Igual que o conseguimos unha vez, conseguirémolo unha segunda”, concluíu.

A data límite de negociación dunha venda é o 27 de setembro. De non concretarse a operación, Alcoa e sindicatos retomarían o período de consultas do ERE, que segundo a primeira proposta da multinacional suporía máis de 900 despedimentos entre a planta de aluminio e as empresas auxiliares con contratos na factoría.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...