IniciosociedadeAbre a residencia de Trabada, a primeira dun convenio pioneiro entre Deputación...

Abre a residencia de Trabada, a primeira dun convenio pioneiro entre Deputación e Concellos

Sete trabadenses desfrutan dos servizos do xeriátrico, polos que pagan "640 euros mensuais de media" tras un acordo entre as administracións provincial e local

Publicada o

- Advertisement -

Dun xeito simbólico, nun día especial para os trabadenses -festivo polo San Marcos-, a residencia de Trabada abriu as súas portas. Sete persoas, ás que se unirán outros tres maiores a vindeira semana, desfrutan do froito dun pioneiro convenio entre a Deputación de Lugo e os Concellos lucenses para a apertura dos centros.

Todos son habitantes do municipio. É un dos puntos do acordo entre o goberno provincial e as administracións locais, xa que terán prioridade de acceso ao servizo os veciños do concello no que se ubica. Despois terán preferencia os habitantes da comarca e finalmente os da provincia de Lugo.

ACCESO UNIVERSAL

Outra das chaves do convenio é que a Deputación e o Concello comprométense a cofinanciar as prazas, polo que facilitan o acceso universal ao xeriátrico. Os usuarios terán sempre dispoñible un mínimo dun 25% das súas pensións, e as axudas poden alcanzar e mesmo superar os 600 euros.

“Cando o promedio é de 1.200 euros mensuais por praza, os nosos usuarios están a pagar unha media de 640 euros ao mes“, expón a alcaldesa de Trabada, a socialista Mayra García Bermúdez, que engade que os trabadenses que se benefician do servizo roldan “os 80 anos de media”.

XESTIÓN DAS ADMINISTRACIÓNS

Catro xericultoras, tres empregadas de limpeza e dúas cociñeiras traballan no centro, ademais de persoal técnico tanto da Deputación de Lugo como do Concello. As prestacións de asistencia básica, manutención e limpeza foron encomendadas a Mensajeros de la Paz, mentres que a xestión ficará en mans das administracións.

O xeriátrico trabadense contará con 30 prazas de residencia e 20 de centro de día.

“MODELO PARA OUTRAS PROVINCIAS”

“É o día máis importante do mandato. Cando chegamos ao goberno aínda non se acabaran as obras do inmoble. Equipamos o centro, fixemos os trámites pertinentes, aprobamos o regulamento, contratouse o persoal e este é o froito dun traballo incesante”, explica a rexedora.

García Bermúdez destaca as condicións dun acordo “que parecía imposible pero está aí e que servirá de modelo para outras provincias“. As cláusulas do convenio evitarán que se produzan casos que lamenta.

“Temos veciños de Trabada en residencias públicas doutras comarcas, como Chantada, e mesmo noutras provincias. Somos conscientes do difícil que é para estas persoas estar lonxe das súas raíces e para as súas familias coller costantemente o coche e facer centos de quilómetros cando hai unha urxencia“, remarca.

“É un día especial, con xente que chorou de emoción e para nós sabe moi ben, despois de moito traballo e certa fartura polas novas desagradables e os paus nas rodas sobre este tema. Era hora de desfrutar dunha boa”, argumenta a rexedora.

CONTENCIOSOS DE SUPLUSA

A última dificultade á que se refire son os recursos contenciosos presentados pola sociedade provincial do chan (Suplusa) contra os concursos de contratación das residencias, nos que se reclaman medidas cautelares contra as mesmas.

“Os veciños de Trabada saben que detrás diso están o deputado non adscrito Manuel Martínez e o Partido Popular, que terán que explicar por que non querían que abrise este servizo e por que está mal que a veciñanza de Trabada conte cunha residencia”, conclúe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...