InicioSucesosFalece o traballador alcanzado por un eucalipto na Pontenova

Falece o traballador alcanzado por un eucalipto na Pontenova

O obreiro, de 46 anos e residente na Terra Cha, morreu na ambulancia de camiño ao HULA

Publicada o

- Advertisement -

O obreiro ferido na mañá deste venres en Rececende (A Pontenova) tras caerlle unha árbore enriba mentres traballaba nunha finca morreu de camiño ao Hospital Clínico Universitario Lucus Augusti (HULA).

O traballador, A. S. D., veciño da Terra Cha de 46 anos, era trasladado en ambulancia medicalizada cara o centro médico cando faleceu polas feridas causadas pola árbore.

O empregado estaba a traballar nunha parcela dun monte de Rececende cando o alcanzou un eucalipto. O suceso aconteceu sobre as dez da mañá e o 112 Galicia recibiu aviso ás 10.15 horas.

Os xestores do 112 solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil e dos membros do GES pontenovés, ademais de Protección Civil da localidade.

Tamén se desprazou, segundo o 112, o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela.

TRES SINISTROS MORTAIS NUN MES

Co sucedido este mércores, o concello da Pontenova padeceu tres accidentes mortais ao longo do último mes.

O pasado 1 de novembro, un ancián de 76 anos faleceu en Aldeguer, na parroquia de San Xulián de Vilaboa, tras envorcar o tractor que manexaba.

O 22 de outubro, un traballador de Taramundi pereceu nun accidente de tráfico cando envorcou a formigoneira que conducía en Vilar de Pedras, na mesma parroquia de Rececende.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...