InicioPolíticaCampos: "se hei de deixar a presidencia da Deputación fareino coa humildade...

Campos: “se hei de deixar a presidencia da Deputación fareino coa humildade coa que entrei”

O presidente da Deputación dá por feito o seu relevo no cargo por José Tomé e sobre a falta de sintonía coa dirección galega do PSdeG-PSOE afirma que "igual estorbabamos"

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O aínda presidente en funcións da Deputación de Lugo, Darío Campos, recoñeceu este xoves que puido haber máis “sintonía” entre a dirección provincial do PSdeG-PSOE e a executiva galega, pero se non a houbo non foi “por falta de diálogo”, senón “de entendemento”, polo que se finalmente ten que deixar o cargo, farao “coa mesma humildade” coa que entrou.

Visiblemente emocionado, á espera de que a Comisión Federal de Listas anuncie nas próximas horas quen será o candidato á presidencia da Deputación, previsiblemente o alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé, Campos afirmou que “hai que retirarse cando as cousas están así”.

“Espero que decidan. O máis importante é saír desa incerteza e tomar as decisións de futuro que cada un teña que tomar”, sostivo Campos. Unha vez tomada esa decisión por parte da Comisión Federal de Listas, o presidente en funcións da Deputación dixo que haberá que “respetala“.

QUERE SEGUIR SENDO DEPUTADO POLA MARIÑA

As formas foron as que menos me gustaron neste proceso. Creso que se se houbese falado cara a cara, non se produciría este problema”, lamentou o tamén alcalde da Pontenova, que aclarou a súa intención se “seguir tentando ser diputado pola Mariña Lucense”, porque “houbo consenso” entre os concelleiros da comarca para que estivesen na Deputación el e máis a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

“Sigo aí e aceptarei o que veña, porque sempre dixen que non ía ser nunca un problema para o partido“, aclarou.

“OS RESULTADOS ESTÁN AÍ”

No tocante á renuncia de Álvaro Santos Ramos, Campos dixo que “demitiu” porque entendeu que “se el era o problema” para acadar un entendemento entre o PSdeG-PSOE de Lugo e a dirección galega, prefería “retirarse. Parece que iso non era así. Hai que esperar á decisión que se tome en Madrid e aceptala”, precisou.

En relación á situación de Santos Ramos como secretario xeral do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, dixo que sempre tivo o seu “apoio” e que el “nunca” lle pediu que demitise, porque fixo “un bo traballo”.

“Os resultados están aí. Historicamente é o mellor resultado en alcaldías e concelleiros que tivemos nunca. O traballo que se fixo na Deputación Provincial durante estos últimos catro anos tamén está aí”, engadiu.

“Non sei se ao final se corresponde coa situación que está pasando, pero as decisións están tomadas ou vanse tomar e hai que respetalas”, concluíu.

DIRECCIÓN DO PSOE LUCENSE

No tocante a quen debe asumir a dirección do partido en Lugo e se debe coincidir o secretario xeral co presidente da Deputación, dixo que a el se lle propuxo no seu momento compaxinar ambos cargos, pero non o fixo, aínda que a partir de agora “dependerá da persoa que sexa presidente”.

Ao seu xuízo, ser presidente da institución provincial “dá bastante traballo como para ter máis cargos“, pero “cada un é cada un”, concedeu.

“SE INFLÚE NAS AUTONÓMICAS, EU NON O PROVOQUEI”

No tocante ás consecuencias que pode ter esta situación para a vindeira convocatoria electoral, as eleccións autonómicas de 2020, dixo que “pode influír”, pero tamén afirmou que non foi el quen a provocou.

“Vós sodes xornalistas e debedes investigar quen provocou esta situación. Eu non son capaz de dicir quen foi agora mesmo, pero isto non era necesario“, insistiu, dado que “ao final estas cousas poden pasar factura”.

Sobre o divorcio que explicitou Santos Ramos con respecto á dirección galega, Campos opina que “puidemos ter máis sintonía, pero finalmente non a tivemos. Non sei por que. Ao mellor estorbabamos e nada, hai que retirarse cando as cousas están así”, zanxou.

Igual que entrei, marcho coa mesma humildade, se teño que marcharme”, rematou.

INVESTIGACIÓN POR PREVARICACIÓN ADMINISTRATIVA

Respecto da súa imputación en calidade de investigado por unha suposta prevaricación administrativa, como consecuencia da denuncia interposta polo controvertido empresario Eloy Castro en relación cunhas obras de saneamento nun núcleo rural da Pontenova, Campos asegurou que se atopa “totalmente tranquilo”.

O presidente da Deputación en funcións, que declarou o pasado luns no Xulgado número 2 de Mondoñedo, no marco dunhas dilixencias nas que tamén foi citado para comparecer ante o xuíz o secretario municipal do concello pontenovés, asegurou que obrou “co respaldo dos técnicos” e asegurou que a demanda “non é casualidade” e responde “á forma que algúns teñen de ver a política”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...