“Sorpresa” no BNG de Burela: “veremos a sentenza e decidiremos que facer”

O candidato dos nacionalistas, Mario Pillado, admite que a repetición parcial de eleccións se trata dunha situación "atípica e descoñecida"

Mario Pillado, voceiro do BNG de Burela. AXM

O candidato do Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Burela, Mario Pillado, mostrou este xoves a súa “sorpresa” pola decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que deu a razón a Burela Sempre e ordenou a repetición das eleccións municipais na mesa do Perdouro.

O líder do Bloque burelao asegurou que a agrupación local quere “revisar con calma a sentenza para decidir que facer“.

Burela Sempre presentou o contencioso despois de que o décimo terceiro concelleiro da corporación municipal se decidise en favor do Bloque -que sumou tres- por un só voto. O partido fundado por Manuel Martínez impugnou a votación no Perdouro pola falta de seis votos nulos que non puido revisar a Xunta Electoral Zonal.

TEME UNHA BAIXADA DA PARTICIPACIÓN

Ao igual que o candidato socialista e rexedor en funcións, Alfredo Llano, Pillado expuxo que “repetir as eleccións en agosto sería de pouco sentido común”, aínda que matizou que nos tres meses de prazo que dá a Lei electoral “será complicado e non hai datas moi axeitadas para facelo”.

O candidato nacionalista teme así que se produza “unha baixada da participación“, aínda que non cre “que se produzan excesivos cambios na orientación do voto. É unha situación descoñecida, alomenos para a nosa agrupación local”, indica.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here