O canon de recollida de lixo, o PXOM ou a praia de Covas abren o mandato en Viveiro

A corporación viveirense debaterá por primeira vez no pleno extraordinario deste mércores, o primeiro da lexislatura tralos de investidura e organización

Concello de Viveiro. GALIPEDIA/XOSEMA

O primeiro pleno, de carácter extraordinario, do presente mandato en Viveiro, este mércores ás 20.30 horas, abordará varias cuestións de importancia. O canon de recollida de lixoPlan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), as faixas de protección contra incendios ou a praia de Covas son algunhas das principais temáticas que protagonizan as mocións das forzas políticas da oposición.

César Iglesias Docal e Victoria Baamonde serán as dúas únicas novidades no equipo de goberno socialista, que mantivo os mesmos concelleiros, oito, que na pasada lexislatura.

A alcaldesa, María Loureiro, presentará unha moción para o recoñecemento do estado de emerxencia climática.

O canon para este ano 2019 da recollida e transporte de residuos sólidos urbáns, así como da limpeza de espazos públicos, é outra das propostas do goberno local; tamén proporá unha subida do 4,3% da tarifa do abastecemento de auga, saneamento e depuración de residuais, reclamada por Viaqua.

PP

O PP de Viveiro presentará no pleno unha formación renovada -con Óscar Rodríguez á fronte- tralas pasadas eleccións municipais. José SotoTeresa PérezInma Nespereira e Javier Teijeiro, o único que repite, acompañarán a Rodríguez.

O partido conservador levará á sesión plenaria unha moción para instar ao goberno local a limpar a praia de Covas, dado que, asegura que o Partido Popular viveirense, o areal está “cheo de vexetación e lixo”, o que provocou “queixas dos veciños”.

Ademais desta moción, os populares presentan tres preguntas e cinco rogos, das que cabe destacar o arranxo dunha fochanca existente na entrada de garaxes comunitarios na Avenida de Cantarrana, ou sobre a erradicación da praga de vermes no centro urbán.

POR VIVEIRO

Pola súa banda, o partido independente Por Viveiro presentará unha moción para convocar durante a segunda semana de agosto a comisión de seguimento do PXOM, unha xuntanza que deberá ter continuidade cada mes, a fin de que o executivo municipal “aprobe provisionalmente” o documento no 2019.

A formación política que encabeza Bernardo Fraga, respaldado por Manuel Galdo, lembra que a aprobación inicial do documento “fíxose en abril de 2011” e desde entón “moitas alegacións dos veciños seguen sen resposta”. Así, considera que “Viveiro atópase nunha situación urbanística que non pode continuar por máis tempo”, pois “está perdendo o tren do crecemento e da rehabilitación urbana”.

BNG

Pola súa banda, o Bloque Nacionalista Galego (BNG), que volve á corporación trala escisión que se produciu no pasado mandato, presentará unha moción para a elaboración consensuada dun plan económico municipal a desenvolver durante o mandato 2019-2023, e preguntará polas franxas de protección contra os incendios, respecto ás “numerosas queixas recibidas polo estado de abandono de fincas e de plantacións próximas ás vivendas con especies que propagan con facilidade o lume”.

Na parte dos rogos, o BNG, que lidera Miriam Bermúdez, quere dotar de aparcabicis praias, instalacións deportivas e outros espazos públicos axeitados para o uso deste transporte, ou acondicionar a casa do gardamuelles.

SON VIVEIRO

Finalmente, repetirá como líder de Son Viveiro, cun representante obtido nos pasados comicios locais, Luis Manuel García Otero.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here