IniciosociedadeMondoñedo acorda por unanimidade facer do miradoiro un centro de idiomas

Mondoñedo acorda por unanimidade facer do miradoiro un centro de idiomas

O BNG cre que se trata "dunha oportunidade única" e pide, trala aprobación de mocións a nivel provincial e municipal, "non fallarlle aos veciños"

Publicada o

- Advertisement -

O Pleno de Mondoñedo acordou por unanimidade converter o miradoiro Os Paredones nun centro de inmersión lingüística, tal e como propuxera o grupo municipal do BNG.

O pacto da corporación mindoniense súmase á aprobación doutra moción dos nacionalistas presentada no Pleno provincial, aínda que neste caso BNG e PP respaldaron a proposta.

O PSOE optou pola abstención ao entender que o Pleno municipal mindoniense debía pronunciarse primeiro sobre esta cuestión.

O voceiro do BNG mindoniense, Eloi Cabanas, cre que a iniciativa é “unha oportunidade única para Mondoñedo, que pode reportar moitos beneficios ademais de acadar a recuperación deste inmoble“.

Cabanas sinala que, aprobadas as mocións tanto a nivel provincial como municipal, “e mentres non haxa un estudo técnico que descarte a posibilidade de homologar un centro destas características neste edificio público, o que procede é cumprir os acordos e non fallarlle aos veciños”.

REHABILITACIÓN

A Deputación de Lugo reservou 300.000 euros nos orzamentos provinciais de 2019 para unha segunda fase de rehabilitación do inmoble.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...