Iniciosociedade“Versatilidade, diversidade e autenticidade”, piares da marca da Mariña en Fitur

“Versatilidade, diversidade e autenticidade”, piares da marca da Mariña en Fitur

A mancomunidade aspira a promocionar a bisbarra, que lucirá en dez presentacións, como lugar atractivo durante todo o ano

Publicada o

- Advertisement -

A Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense mostrará a súa oferta turística na Feira Internacional do Turismo (Fitur), que comeza este mércores en Madrid. “Diversidade, versatilidade e autenticidade” son os adxectivos elixidos para promocionar a comarca como un lugar atractivo para o visitante “en todas as épocas do ano”.

A macomunidade impulsará o próximo xoves, ás 18.00 horas no stand de turismo de Galicia, unha presentación titulada ‘A Mariña Lucense, máxica por natureza‘. Asistirán o presidente do colectivo de municipios, Alfredo Llano, o presidente da Deputación, Darío Campos, e mailo delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro.

VÍDEO

Na presentación proxectarase un vídeo realizado por Vagalume Audiovisual no marco do convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. A peza, que recolle “algo da esencia dos 16 municipios”, segundo Llano, ten unha duración de dous minutos e dunha forma dinámica mostra os atractivos turísticos da bisbarra.

un vídeo repasará atractivos turísticos dos 16 municipios da comarca

O Camiño Norte de Santiago, o Camiño Natural Ruta do Cantábrico, a natureza e as paisaxes, os deportes -náuticos, sendeirismo, trail ou bicicleta de montaña-, a gastronomía, o patrimonio cultural, o xeoturismo, as festas e festivais, as praias, a cultura mariñeira ou a artesanía son algúns dos recursos turísticos que exhibe a peza audiovisual.

Ao longo da presentación, a mancomunidade fará fincapé “na rica diversidade, versatilidade e autenticidade deste xeodestino, puntos chave na súa diferenciación, co obxectivo de promocionar A Mariña Lucense como un destino a onde viaxar en calquera época do ano”, espuxo Llano.

A mancomunidade promocionará en Fitur iniciativas como a Ruta da Faba, a creación de experiencias para a comercialización do destino do GDR – Terras de Miranda, as audioguías teatralizadas da Mariña Lucense, as Rutas de Artesanía ou A Mariña Virtual, entre outros.

REUNIÓNS

A xerente da mancomunidade e mailo presidente manterán reunións con operadores turísticos co obxectivo de mellorar a presenza do destino e para que valoren incluír A Mariña Lucense entre a súa oferta.

a mancomunidade pechou citas con operadores turísticos para que inclúan a bisbarra na súa oferta

NOVE PRESENTACIÓNS COLECTIVAS

A Mariña Lucense tamén se promocionará ata en nove ocasións dunha forma ou doutra. Da man da Deputación, lucirá coa presentación Provincia de Lugo: mucho por celebrar‘.

A Xunta mostrará a comarca nas presentacións ‘Cascos históricos de Galicia‘, ‘Semanas Santas de Interese Turístico de Galicia‘, ‘Fest Galicia‘ e ‘WAOH Route! Turismo de buceo en Galicia‘ e ‘Árbores singulares de Galicia‘.

A Asociación de Empresarios de Hostelería e Turismo da Provincia de Lugo (APEHL) promocionará a gastronomía mariñá coa nova guía de ‘… E para comer, Lugo‘. Finalmente, tamén se acudirá á presentación do Ribadeo Indiano Na Casa de Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...