IniciosociedadeA Xunta "estudará" financiar prazas na unidade de Alzhéimer de Mondoñedo

A Xunta “estudará” financiar prazas na unidade de Alzhéimer de Mondoñedo

Mensajeros de la Paz prevé abrir o servizo, con 15 postos, no primeiro semestre do ano

Publicada o

- Advertisement -

Xunta de Galicia asegurou este martes que “estudará” a posibilidade financiar prazas na unidade de Alzhéimer que Asociación Edad Dorada Mensajeros de La Paz prevé abrir no primeiro semestre deste 2019 en Mondoñedo

A conselleira de Política Social, Fabiola García, trasladoulle á alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, que este departamento autonómico valorará a proposta da rexedora de poñer en marcha unha unidade de Alzhéimer con prazas públicas neste concello lucense.

A unidade de Alzhéimer San Rafael de Mondoñedo atenderá a 15 persoas, que se sumarán ás 40 do centro de día do mesmo nome.

Todos os postos deste último servizo son de carácter privado, polo que En Marea solicitou no pasado mes de xaneiro ao Goberno galego que custease prazas na unidade de Alzhéimer, dada “a tendencia demográfica regresiva” do municipio. 

AXUDA NO FOGAR 

García mantivo un encontro de traballo con Candia co obxectivo de repasar os recursos de índole social que hai á disposición das veciñas e veciños mindonienses. A Conselleira asegurou que último ano “aumentou nun 10% as horas de Servizo de Axuda no Fogar (SAF) postas á disposición do concello, ata superar as 21.000 horas”.

O Executivo autonómico sinala que, xa que nesta vila se está a empregar a práctica totalidade das horas asignadas, 56 beneficiarios dispoñen de coidados profesionais nos seus domicilios e “non hai listaxe de agarda“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...