IniciosociedadeA Xunta licita as obras de reforma dos colexios de Cervo e...

A Xunta licita as obras de reforma dos colexios de Cervo e Foz, que comezarán “a mediados de xullo”

As empresas teñen ata o 24 de maio para presentar as súas ofertas ao proxecto, unha licitación conxunta cun orzamento de case dous millóns de euros

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional licitou este venres as obras de rehabilitación integral do CEIP de Cervo e do CEIP nº 1 de Foz, cun orzamento de case dous millóns de euros (1.971.503 euros).

As empresas teñen ata o 24 de maio para presentar as súas ofertas ao proxecto, publicado na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia.

A Xunta de Galicia sostén que os traballos, centrados na mellora da eficiencia enerxética dos edificios, comezarán a realizarse “a mediados do mes de xullo”. Segundo se aclara na memoria do proxecto, o obxectivo é que as reformas estean operativas para o inicio do vindeiro curso.

ACTUACIÓNS EN CERVO

A remodelación do centro cervense, á que se destinan 1.057.00 euros, inclúe a instalación dunha nova caldeira de biomasa e o illamento da cuberta e da fachada do edificio. Ademais, renovaranse as fiestras e as luminarias.

Segundo as estimacións do Goberno galego, as actuacións suporán un aforro do 84,6% no consumo de enerxía primaria non renovable. A maiores, instalarase un ascensor e acometeranse melloras no interior.

ACTUACIÓNS EN FOZ

No colexio focense, tamén se realizaran melloras na fachada e na cuberta e se renovarán as fiestras e luminarias. Neste caso, o aforro enérxetico estimado é do 64,7%.

Ademais, habilitarase un patio cuberto, instalarase un ascensor e contruirase un sistema de ramplas que facilitarán a accesibilidade ao centro. O investimento orzamentado é de 914.000 euros.

LICITACIÓN CONXUNTA

Na memoria do proxecto indícase que a licitación conxunta, sen división por lotes, favorecerá que as empresas poidan ofrecer mellores prezos. As obra poderán ser cofinanciadas, no 80%, polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...