IniciosociedadeA Semana Santa de Viveiro, parte dunha rede que quere a distinción...

A Semana Santa de Viveiro, parte dunha rede que quere a distinción de Itinerario Cultural Europeo

Oito municipios integran unha asociación que quere acadar o recoñecemento, reservado polo Consello de Europa a aquelas rutas que "aglutinan unha serie de valores"

Publicada o

- Advertisement -

Representantes do Concello de Viveiro e da Xunta de Confrarías viveirense participaron este mércores en Orihuela (Alacante) no terceiro foro da Rede Europea de Celebracións de Semana Santa e Pascua, organización que integran oito municipios e que ten como principal obxectivo a creación dun proxecto que sexa recoñecido como Itinerario Cultural Europeo.

O tenente de alcalde de Viveiro, Suso Fernández, e o presidente da Xunta de Confrarías da Semana Santa viveirense, José Veiga, participaron nun novo encontro da agrupación, fundada no pasado mes de marzo, e que tamén integran Orihuela, Lorca, a fundación italiana Federico Secondo de Sicilia, en representación de Palermo, Caltanissetta e Trapani; os municipios de Birgu e Hal-Qormi, por parte de Malta; e tamén as celebracións relixiosas de Braga (Portugal) e de Skofja Loka, en Eslovenia.

O Itinerario Cultural Europeo, distintivo lanzado no 1987, é un recoñecemento outorgado polo Consello de Europa a aquelas rutas, percorridos e traxectos que aglutinen unha serie de valores.

A elección dunha imaxe que represente á rede europea, que será o logotipo de Braga; a análise dun informe dun foro internacional para comprobar os requisitos necesarios para presentar a candidatura a Itinerario Cultural do Consello Europeo; tamén se aprobou a constitución dun comité científico que impulsará, entre outras cuestións, a asistencia a Fitur, e o orzamento da agrupación, de 20.500 euros.

PROMOCIÓN TURÍSTICA

Fernández considera que se deu “un paso máis” para acadar o recoñecemento, que suporía “por un lado unha oportunidade de unir pobos, comarcas e países”, e por outro “refrendar” o carácter “cultural, relixioso e tamén turístico” dunha celebración viveirense que na pasada edición atraeu a unhas 40.000 persoas.

SUBSTITUCIÓN DO PARQUÉ DO PAVILLÓN

O Concello de Viveiro informou este mércores da adxudicación das obras de substitución do pavimento deportivo no pavillón municipal de Viveiro, cun orzamento de 100.500 euros. Desde o goberno local explican que “estaba previsto realizar a proposta en agosto” para que as actuacións estivesen listas para o inicio da tempada deportiva, “un proceso que se ralentizou pola necesidade de informes previos atendendo ás baixas económicas presentadas polas empresas licitadoras”.

A obra realizarase con cargo ao Plan Único da Deputación de Lugo, que achegará 82.000 euros por 18.500 aboados polo Concello.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...