IniciosociedadeCinco mochilas vibratorias permitirán ás persoas xordas sentir a música no festival...

Cinco mochilas vibratorias permitirán ás persoas xordas sentir a música no festival das San Lucas

O Concello de Nigrán cederá ao de Mondoñedo estas bolsas, cunha tecnoloxía que transforma o son en vibracións

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo recibirá cinco mochilas vibratorias para o Festival Intercéltico que se celebrará o vindeiro sábado, 19 de outubro, no marco das San Lucas.

Así o explicou a tenente de alcalde mindoniense, Ángeles Rodríguez, durante a presentación da cita en Soutomaior (Pontevedra), a onde se desprazou este martes xunto a Miguel Souto, presidente da Asociación As San Lucas, para dar a coñecer “as feiras e festas máis antigas de Galicia” que se celebrarán na cidade entre este xoves 17 e o domingo 20 de outubro.

Esta celebración conta no seu programa con diversas actividades: ademais da tradicional feira e concurso de gando, haberá doma nocturna, teatro, humor, un encontro folclórico e o nomeado festival intercéltico, entre outras actuacións musicais.

“ELIMINAR AS BARREIRAS FÍSICAS E SENSORIAIS”

Rodríguez aproveitou para agradecer a acollida por parte do Concello de Soutomaior e tamén a colaboración doutro Concello da comarca de Vigo, o de Nigrán, que presta as mochilas vibratorias que permiten a eliminación das barreiras físicas e sensoriais.

Presentación das San Lucas, con Rodríguez e Souto. AXM

As persoas xordas poderán, dalgún xeito, “sentir” os concertos programados na Praza da Catedral, pois esta tecnoloxía transforma o son en vibracións”, sinalou a edil mindoniense, que explicou que “as mochilas poden ir cargadas ás costas ou no peito e permiten que o usuario se poida desprazar libremente polo recinto ao ser completamente inalámbricas”, expuxo a concelleira.

Ademais, as persoas xordas que teñen próteses auditivasimplante coclear e/ou audífono– non só sentirán as vibracións, se non que tamén poderán escoitar con maior nitidez os sons ou a música a través dun lazo inductivo.

SÓ DOUS CONCELLOS EN ESPAÑA AS POSÚEN

Estes dispositivos foron empregados por vez primeira en España nas derradeiras actividades de Nadal do Concello de Madrid e Nigrán é o segundo municipio do país en adquirilas para uso público e gratuíto.

SOLICITUDES

As persoas interesadas en empregar estas mochilas deben solicitalas a través dun correo electrónico –que inclúa o nome e o número de DNI- dirixido a comunicacion@nigran.org.

As mochilas estarán dispoñibles para todas aquelas persoas que así o soliciten.  Polo tanto, se a demanda é superior ás cinco persoas, procederase a repartir o tempo de uso destes dispositivos entre as persoas solicitantes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...