IniciosociedadeA imaxe icónica dos cabalos na Praza da Catedral e o pregón...

A imaxe icónica dos cabalos na Praza da Catedral e o pregón de Manuel Lourenzo abren as San Lucas

A 863 edición das festas máis antigas de Galicia arrincaron este xoves e continuarán este venres coa tradicional feira

Publicada o

- Advertisement -

A 863 edición das feiras e festas das San Lucas comezaron este xoves cunha instantánea icónica dos festexos, a baixada dos cabalos polas rúas da cidade ata a Praza da Catedral.

Centos de exemplares baixaron desde os montes da contorna á cidade episcopal, onde os asistentes poideron desfrutar da potencia dos animais e da beleza da coñecida como a catedral axeonllada nunha imaxe que cada ano inaugura os festexos. Os cabalos continuaron despois ata o campo feiral.

O pregón a cargo do valadourense Manuel Lourenzo, popular a nivel estatal pola serie ‘Fariña’ pero cunha dilatada traxectoria como actor e dramaturgo, ateigou o auditorio Pascual Veiga e foi outro dos momentos centrais da xornada, que rematará coa música de Panorama e Beatriz.

Fotos do pregón da Asociación San Lucas.

CONTINÚA O PROGRAMA

O programa continuará nos próximos días. O venres 18, o día da gran feira tradicional, celebrarase tamén o concurso de andadura e un espectáculo de doma nocturna. O sábado desenvolverase o concurso morfolóxico, a xuntanza de tractores clásicos e o Festival Intercéltico As San Lucas, ademais de proxectarse un videomapping na fachada da catedral. 

 

O domingo pecharán As San Lucas o acto de entrega do Premio Mondoñedo10 2019 na modalidade Ensaio, en lembranza de Alicia Tella-Villamarín Ferreiro, o concurso de cabalos trotóns e un monólogo ao que hai que engadir “as tradicionais verbenas que se desenvolverán cada un dos días das festas na Alameda”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...