A prestixiosa chef Lucía Freitas, que ostenta unha Estrela Michelín para o seu restaurante A Tafona (Santiago de Compostela), animou coa súa presenza a primeira xornada da segunda edición das Xornadas Gastronómicas de Xove.
A cociñeira ofreceu un showcooking no pavillón xovense, onde diante de numeroso público preparou algunhas das súas creacións, explicou parte da súa carreira e expuxo a súa maneira de ver a cociña.
Ademais, Freitas asesorou aos oito establecementos do municipio participantes no tapeo que se celebrará este venres, desde as 20.00 horas. Os locais son Onde Sempre, O Refugio, A Fuga, O Cabaliño do Mar, A Roda, O Pepe e Centro Cívico.
POTENCIAR A OFERTA HOSTALEIRA LOCAL, O OBXECTIVO
A chef compostelá comprobou as receitas preparadas por cada local de hostalería e ofreceu consellos para mellorar o prato, participando tamén na súa elaboración. A intención do Concello e a Aciam, impulsores do evento, é potenciar a oferta hostaleira local con esta iniciativa.