EFE. O pesqueiro francés ‘Carla‘, cuxa tripulación estivo en corentena durante os últimos quince días confinada no barco á espera dos resultados das probas do coronavirus, recibiu xa a autorización para partir do porto de Burela (Lugo).
Fontes sanitarias informaron a Efe de que os resultados das análises xa foron comunicados ao departamento de Sanidade Exterior e este organismo, que depende do Ministerio de Sanidade, deulle luz verde á tripulación para abandonar a localidade lucense.
Os dezaséis mariñeiros foron sometidos ás probas PCR, cuxos resultados se deron a coñecer a primeira hora desta tarde.
Con ese informe positivo, a Capitanía Marítima de Burela autorizou ao barco a facerse á mar cando o armador o considere oportuno.
CONFINADOS DESDE O PASADO DÍA 13
Os membros da tripulación xa deran negativo nos test rápidos aos que foron sometidos antes do inicio da corentena, ao dar positivo nun control previo un dos mariñeiros.