IniciosociedadeCorenta e catro positivos novos e 32 altas na provincia, para rozar...

Corenta e catro positivos novos e 32 altas na provincia, para rozar os 800 contaxios

O número de ingresados na área lucense baixa a 35, un deles no Hospital Público da Mariña

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 798, doce máis ca onte, segundo o reconto oficial ofrecido polo Sergas. Semella unha ralentización do espallamento do virus na área sanitaria lucense, pero se se ten en conta que nas últimas 24 horas se deron 32 altas, o número de positivos novos é de 44.

Dos 798 pacientes 35 permanecen ingresados. Deles, 33 están no HULA, dous na Uci, un no Hospital Público da Mariña e outro no centro hospitalario de Monforte. Un total de 763 doentes son atendidos en domicilio.

No histórico da provincia documéntanse 42 falecementos, o máis recente na tarde de onte; seis das vítimas mortais do virus na área lucense desde o inicio da pandemia eran da Mariña, sete se se ten en conta que un varón faleceu na Uci de Burela tras ingresar polo virus e superar a doenza no seu período na unidade de críticos. Déronse 1.408 altas, e o número de casos totais ascende a 2.248.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias da Mariña, documéntase un único positivo, o dun traballador do xeriátrico San Bartolomeu de Xove. Non houbo máis contaxios nin entre os usuarios nin entre os empregados do centro de maiores xovense. Os casos localizados na provincia de Lugo son os seguintes:

MAIORES

87 Residencia O Incio (O Incio)

42 Residencia DomusVi Lugo (3 máis)

TRABALLADORES

1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)

31 Residencia O Incio (O Incio)

5 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)

GALICIA SUMA 249 POSITIVOS MÁIS PARA ROZAR OS 4.000

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.991, 249 máis ca onte; deles 1.425 son da área da Coruña, 798 da de Lugo, 386 da de Ourense, 271 da de Pontevedra, 302 da área de Vigo, 659 da de Santiago e 150 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 159 en unidades de hospitalización e 3.817 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 13.039 persoas curadas, rexistrándose 651 falecementos. O número de PCR realizadas é de 349.050.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...