IniciosociedadeA Deputación, "pendente do xulgado" para vacinar á usuaria da residencia de...

A Deputación, “pendente do xulgado” para vacinar á usuaria da residencia de Ribadeo

O executivo provincial pide "responsabilidade" ás familias para evitar casos como os desta residente, non vacinada ao impedilo un familiar

Publicada o

- Advertisement -

A portavoz do goberno da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, asegurou este venres que a institución provincial continúa “pendente” do xulgado para vacinar a unha usuaria da residencia de maiores de Ribadeo que non puido completar a segunda dose da vacina contra a covid-19 ao opoñerse un familiar.

García Porto explicou que a Deputación está pendente de “o que decida o xulgado. Levouse o tema á Fiscalía e a Fiscalía deulle traslado ao xulgado que agora terá que ser o que emita o dictame correspondente”, explicou.

“Imos esperar; hoxe tamén nos sorprendía na prensa ver que varios familiares néganse ás persoas que teñen ao seu cargo que se lles forneza a vacina“, en relación a unha información que publica o diario El Progreso que cifra nunha “decena” as negativas a esa inmunización, casos que estaría estudando a Fiscalía xunto co de Ribadeo.

A tamén deputada responsable do área de Turismo aproveitou para “facer un chamamento á responsabilidade“. “Algo tan fácil como é protexer para protexernos é fundamental e as persoas que teñen risco a maiores, ben sexa por enfermidade ou por idade; debemos facer un labor conxunto como sociedade de protección cara eles tanto vacinándonos como tomando as medidas mentres non teñamos a vacina, e máis tendo ao noso cargo algunha persoa dependente polo motivo que sexa e, xa que logo, debemos de ser solidarios”, apelou.

Así o entendeu tamén o alcalde ribadense, Fernando Suárez Barcia, que pediu que a Xunta lexisle para que sexa obrigatoria a aceptación da vacina no caso de entrar nun xeriátrico.

García Porto, que padeceu a covid-19 e estivo varios días confinada, confesaba que aínda ten algunha secuela ou rastro da enfermidade sobre todo con molestias na zona do abdome.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...