IniciosociedadeO goberno expón o mantemento realizado no Virxe do Carme tralas críticas...

O goberno expón o mantemento realizado no Virxe do Carme tralas críticas do PP

Os populares rebaixaran en 11.000 euros as cifras apuntadas polo alcalde no tocante ao gasto na conservación do centro educativo

Publicada o

- Advertisement -

O mantemento do Ceip Virxe do Carme continúa a enfrontar as forzas políticas de Burela. O tenente de alcalde e edil de obras, o socialista Ramiro Fernández, defendeu este mércores a actuación do goberno local no tocante ao colexio tralas críticas realizadas polo PP.

Os populares aseguran que “non existe memoria” das actuacións levadas a cabo polo Concello neste ámbito, e cuestionan as cifras achegadas polo alcalde, o socialista Alfredo Llano, que afirmou que o goberno local gastara “máis de 23.000 euros”-os cartos que investirá a Xunta de Galicia nunha intervención- na conservación do centro.

O PP burelés afirma que o gasto realizado polo goberno no mantemento do Ceip Virxe do Carme durante os anos 2017 e 2018 foi de “12.219 euros”.

O edil de obras reitera os datos expostos polo rexedor e afirma que o investimento “só en material e obras subcontratadas a outras empresas supera os 10.000 euros”.

RECAMBIOS

Dentro deste apartado, segundo explica o concelleiro, realizáronse cambios de portas afectadas pola humidade e a carcoma, a impermeabilización de terrazas que metían auga nas aulas ou a substitución de ventás por outras novas de aluminio debido ás filtracións que permitían os anteriores marcos de madeira.

Ademais, segundo expón Fernández, o Concello financiou a substitución da instalación eléctrica no ximnasio polo risco que supoñían a luminarias existentes, xa que estaban a piques de caer, a eliminación dos canlóns interiores existentes, que estaban rotos, ou o cambio de persianas tras 50 anos de uso.

MAN DE OBRA

Fernández engade que “a isto temos que sumar a man de obra, as tarefas realizadas por persoal do Concello, que de non ser por elas estariamos a falar dalgo máis grave”.

O edil de obras afirma que “dende o 1 de agosto ata o 9 de novembro sumáronse máis de 900 horas de traballo que houbo que pagar. Calquera pai pode dicir o tempo que traballaron”, conclúe o concelleiro.

CIUDADANOS

O voceiro de Ciudadanos na Mariña, Manuel Vicente, asegurou que a solución ao deterioro do centro “chega tarde e só trala insistente demanda veciñal” e tilda de “acción orquestrada con visos electoralistas” o anuncio da Xunta de que acometerá en verán unha reforma integral do centro.

Vicente tamén criticou ao alcalde, ao que instou a “facer funcionar a institución municipal” para que non se permitan “irresponsabilidades compartidas”.

REPARACIÓN

A Consellería de Educación procede estes días ao cambio de canlóns e baixantes para evitar humidades no centro.

Tamén se cambiarán mobles e se levará a cabo unha desinfección para erradicar a presenza da scleroderma doméstica

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...