InicioCulturaA axenda: Riotorto honra o ferro, comeza a Semana Santa e Vista...

A axenda: Riotorto honra o ferro, comeza a Semana Santa e Vista Alegre promete un sábado de paixón

Ribadeo ofrece teatro para os máis pequenos e a Foliada Nordestía de San Cibrao pon música de raíz tradicional á fin de semana

Publicada o

- Advertisement -

Como cada venres, o Xornal da Mariña repasa a axenda cultural e de ocio da fin de semana.

ALFOZ

Continúan as Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz, coa proba cultural (pavillón municipal, 17.00 horas.

BURELA

Burela aposta polo teatro. O venres (21.00 horas), MalaSombra Producións recreará a obra ‘O caso é ter saúde‘, que reflexiona sobre o diñeiro e á ambición. A entrada custa catro euros.

Tamén o sábado, desde as 17.30 horas, Vista Alegre vivirá unha tarde laranxa apaixonante, co ascenso a Segunda División en xogo e tamén co título da Liga Foro 16 Feminismo por decidirse.

Comezarán os rapaces, aos que lles abonda cun punto fronte ao Noia Portus Apostoli para que o Burela FS sele matematicamente a súa presenza a vindeira campaña na máxima categoría.

Pescados Rubén FSF. AXM

As “guerreiras” recibirán a partir das 20.30 horas ao seu gran rival, o Atlético Futsi, ao que aventaxan en tres puntos. Unha vitoria daría máis de media Liga ás locais e mesmo un empate mantería a renta das burelás, pero unha derrota -despois de perder no partido da primeira volta en La Estación– podería ser fatal para os intereses do Pescados Rubén FSF.

CERVO

A Foliada Nordestía de San Cibrao ofrecerá o sábado unha xornada de folk e festa con cantos de taberna ao mediodía, un obradoiro de baile pola tarde e concertos a partir das 21.30 horas, na Praza dos Campos. Actuarán A Rebolaxe, Son do Xabre, Os Carecos e A Compañía do Ruído.

O sábado, o encoro de Río Covo acollerá o Campionato Galego infantil de piragüismo, desde as 11.00 horas.

O domingo, a casa da cultura de San Cibrao acollerá, ás 19.30 horas, un espectáculo de narración oral de Carmen Conde. A actriz e filóloga presentará ‘Tabú‘, baseado en conversas sobre a sexualidade con mulleres galegas de entre 70 e 85 anos.

LOURENZÁ

Lourenzá será a sede dun curso de iniciación á apicultura, que organizan a Asociación Galega e o Sindicato Labrego Galego.

MONDOÑEDO

O venres arrinca a Semana Santa de Mondoñedo, coa procesión das Dores, a partir das 22.00 horas. O pregón será o sábado, ás 20.45 na casa da xuventude, a cargo de José María López García. O Domingo de Ramos haberá procesións e vía crucis.

Actos da Semana Santa mindoniense. AXM

RIOTORTO

Riotorto promete unha fin de semana completa. Por un lado, coa Feira de Artesanía do Ferro, que xuntará 28 ferreiros.

Por outro, coas décimo terceiras Xornadas de Historia Local que prepara Arrincadeira. Podes consultar aquí o programa.

Cartel das Xornadas de Historia de Riotorto. AXM

RIBADEO

O venres (auditorio, 20.30 horas) haberá música clásica en Ribadeo, cun concerto de piano de Manuel Varela Bello, que interpretará a Bach, Liszt ou Beethoven. O prezo é de tres euros.

O domingo (Hernán Naval, 17.30 horas), cita de teatro para os máis pequenos con ‘A galiña azul‘, de Tanxarina Títeres. Premio María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil 2018 e Premio FETEN a Mellor espectáculo de monicreques 2018. A entrada custa tres euros.

VEGADEO

Marina Oural e Ugía Pedreira presentan o venres en Vegadeo o seu espectáculo ‘1 Faba, 1 Vida (casa da cultura, 20.00 horas).

VIVEIRO

Comeza a Semana Santa de Viveiro. Os actos iniciaranse este venres, día 12, coa procesión da Virxe das Dores, a partir das 21.30 horas. O pregóna cargo do economista José Manuel González-Páramo, celebrarase o sábado no teatro Pastor Díaz, desde as 20.30 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...