InicioEconomíaExpectación na Mariña ante a reunión do comité de Cervo co presidente...

Expectación na Mariña ante a reunión do comité de Cervo co presidente de Alcoa España

A xuntanza chega nun contexto marcado pola venta de Avilés e A Coruña, a redución da produción en aluminio e as novas eleccións xerais, que xeran incerteza sobre o prezo da luz

Publicada o

- Advertisement -

Os arredor de mil traballadores das fábricas de alúmina e aluminio de Alcoa, máis outros tantos das empresas auxiliares asociadas ao complexo industrial de Cervo, agardan con expectación a reunión que manterán este martes, a partir das 13.00 horas, o comité de empresa e o novo presidente da multinacional en España, Álvaro Dorado.

A xuntanza entre os sindicatos e o responsable de Alcoa España prodúcese nun momento convulso para a fábrica de San Cibrao, cualificado polos representantes dos traballadores como “o máis perigoso dos 40 anos” da factoría, logo de que a multinacional vendese ao fondo suízo Parter as súas plantas de Avilés e A Coruña e de que baixase nun 11% a produción da planta de aluminio de Cervo, a única que queda no Estado e que ve “inviable” sen un abaratamento da enerxía eléctrica.

O comité de empresa pediralle a Dorado que se rearrinquen as 32 cubas paradas das 512 que conforman electrolise. Unha petición que Alcoa xa rexeitou nunha ocasión, comprometéndose ante os representantes dos traballadores a “non tocar o emprego“.

Con todo, a ausencia dun Goberno e a convocatoria de eleccións xerais, que previsiblemente se oficializará este martes tras rematar o luns o prazo para que Felipe VI presentase un candidato á investidura, supón un peor escenario que o do pasado mes de agosto dada a incerteza sobre a aprobación dun marco regulatorio para a enerxía eléctrica que o Executivo socialista se comprometeu a aprobar e que dixo “non poder” sacar adiante en funcións.

O FUTURO DO ALUMINIO, “DECISIÓN DO VINDEIRO GOBERNO”

“Queda pendente que o Goberno que saia das eleccións defina se quere ou non continuar cunha industria de base electrointensiva coma esta”, expuxo nunha das mobilizacións dos traballadores o presidente do comité de empresa, Xosé Paleo, que ante a posibilidade dun resultado electoral sen maiorías non cre que haxa Executivo “ata o ano que vén. O que queremos é saber a canto vai estar o megavatio a partir do 1 de xaneiro de 2020, no que remata o asignado na última poxa de interrompibilidade“. Unha petición que por agora terá que agardar, o que fai temer aos traballadores polas consecuencias.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...