InicioPolíticaO goberno de Burela aproba en solitario os orzamentos de 2019 e...

O goberno de Burela aproba en solitario os orzamentos de 2019 e o prego de recollida do lixo

A oposición censura que non haxa partidas para o pavillón e cre que co novo contrato da limpeza urbá "o servizo encarecerá e haberá menos persoal traballando"

Publicada o

- Advertisement -

O goberno local de Burela sacou adiante en solitario os orzamentos de 2019 e o novo contrato de recollida de lixo e limpeza viaria, nun pleno extraordinario celebrado na mañá deste martes.

Os presupostos municipais para 2019 ascenderán a 7.060.000 euros. O alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, asegura que son uns orzamentos “moi realistas, que contan con moitos recursos propios” e que están pensados “para atender ás necesidades dos veciños”.

As contas do goberno local para 2019 contaron co voto en contra do PP, que non aprecia “iniciativas para que Burela xere emprego e riqueza de cara ao asentamento da poboación”.

O BNG, pola súa banda, afeoulle ao equipo de goberno que non se incluíse ningunha partida para o pavillón. O voceiro dos nacionalistas, Mario Pillado, afirma que “o alcalde incumpre o acordo plenario unánime no que se comprometía a ter listo en outubro de 2018 un convenio de financiación no que participasen Xunta e Deputación”.

RECOLLIDA DO LIXO

No tocante ao servizo de recollida de residuos urbáns, adxudicado ata o 31 de marzo, o goberno local presentou un expediente de contratación para catro anos -máis un de prórroga- que inclúe a limpeza viaria, de praias e a xestión do punto limpo.

O PP asegurou que o gasto neste ámbito subiría “109.000 euros ao ano sen motivo” e mesmo chegou a solicitar a suspensión do procedemento, mentres que o alcalde defendeu que o orzamentado inclúe “as variables dun acordo a cinco anos” e que “o servizo mellorará”.

Os populares aseguraron que “os postos de traballo, que non se corresponden co persoal do que dispón a empresa concesionaria, van diminuír co novo contrato. É dicir, haberá menos persoal traballando e o servizo vai ser máis caro“, afirmaron.

O voceiro do grupo municipal do BNG afirmou que este contrato “afoga a capacidade do Concello para investimentos en servizos sociais ou o fomento do emprego”.

BONIFICACIÓN DE OBRAS

Un dos asuntos acordados na sesión plenaria foi a estimación dun recurso presentado no 2016 pola empresa Copasa para a bonificación do Imposto Sobre Construcións, instalacións e Obras (ICIO), cando se realice unha obra no municipio considerada de interese público.

A empresa solicitou unha bonificación cando realizou a primeira parte da ampliación do Hospital Público da Mariña, o que foi rexeitado polo Concello “ao entender que se trataba dun servizo supramunicipal”.

A corporación burelesa pactou esta modificación en vista de que a empresa solicitará de novo esta axuda para exectuar a segunda fase da ampliación do centro hospitalario. “Houbo outros concellos que foron obrigados a conceder a bonificación, así que estimamos o recurso presentado pola empresa no seu momento”, expón o alcalde.

USO DO AUDITORIO

O Pleno aprobou tamén, por unanimidade, a ordenanza de uso do auditorio e do cobro de entradas. “Fíxose un regulamento que fará que estea todo claro á hora de ofertar un espectáculo público para beneficiar que haxa moita actividade”, espuxo Llano.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...