InicioCulturaA axenda de ocio: 'O Crebanoces' chega a Burela

A axenda de ocio: ‘O Crebanoces’ chega a Burela

Na fin de semana abrirá a pista de xeo de Ribadeo e os pequenos teñen unha cita en Viveiro co espectáculo dos Bolechas

Publicada o

- Advertisement -

Presentamos, como cada venres, a axenda de ocio da fin de semana na Mariña Lucense.

BURELA

Burela celebrará este venres, desde as 20.00 horas na confraría de pescadores, o centenario da súa escola pública.

Cartel do acto. AXM

Crebanoces chega a Burela o domingo. O gran ballet de Kiev interpretará o clásico de Tchaikovski. A obra comezará ás 19.00 horas, no auditorio da casa da cultura. A billeteira abrirá ás 17.30 horas, con 60 entradas dispoñibles.

Segue instalada na Praza da Mariña a carpa de Nadal, con xogos e actividades para os pequenos.

O sábado, o Pescados Rubén Burela FSF recibe ao UCAM Murcia. As burelesas tentarán manter a súa condición de invictas na casa (18.30 horas, Vista Alegre).

As xogadoras do Burela FSF celebran un gol. AXM

CERVO

A programación da fin de semana en Cervo comezará cun evento deportivo o 22 de decembro, ás 17.00 horas no pavillón da Veiga. Trátase do décimo primeiro Campionato de Nadal de Nihon TaiJitsu.

O 23, ás 18.00 horas, na casa de cultura de San Cibrao, celebrarase a Gala de Nadal dos grupos de música, canto e baile do municipio.

O luns 24 de decembro, a Asociación Fervenza de Sargadelos organiza un ano máis a Noiteboa Infantil. Será a partir das 16.30 horas no ecomuseo de Cervo.

FOZ

O sábado, a escola de música, ofrecerá o seu tradicional festival, que comezará ás 20.00 horas na Sala Bahía.

LOURENZÁ

O venres 21 haberá teatro co grupo Trípode, na escola de San Adriano desde as 19.30 horas.

O sábado, Fran Rei presentará o espectáculo cómico ‘O Conto de Barriga Verde‘ na carpa do Campo dos Bolos.

MONDOÑEDO

O auditorio Pascual Veiga acollerá o domingo, desde as 20.30 horas, un concerto das bandas de música de Mondoñedo e Foz en recordo dos directores falecidos da agrupación mindoniense: Eduardo Rodríguez, Arcadio Mon e Enrique Teijeiro.

RIBADEO

Na tarde do venres abre a pista de xeo XL de Ribadeo, que permanecerá aberta ata o 7 de xaneiro.

Ademais, os locais da Acisa abrirán o domingo para facilitar as compras aos seus clientes.

VIVEIRO

O venres, ás 16.00 e 19.00 horas, haberá maxia co ‘Baúl do Mago‘ nos xardíns de Noriega Varela.

O sábado, a biblioteca acollerá ao mediodía o contacontos ‘La sala de Catapunchimpum‘, pensado para nenos a partir de cinco anos.

Ese mesmo día, a banda municipal ofrecerá un concerto ás 21.00 horas no Pastor Díaz.

O domingo hai unha cita para os nenos co espectáculo ‘Os Bolechas: Nadal polo Norte‘. Desde ás 18.30 horas, no teatro Pastor Díaz.

O mercado de Nadal A Trastenda de Nicomedes permanecerá aberta na sala multiusos do consistorio, con produtos de artesanía de dez creadores.

Os días 21, 22 e 23 celebrarase en Viveiro a ‘Ruleta do Nadal‘. Poderán probar sorte aqueles clientes que posúan tiques de compra por un valor mínimo de 20 euros.

Tamén dentro da campaña do Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV), cuxas tendas abrirán o domingo, o coro Tempus Fugit cantará panxoliñas na rúa.

XOVE

O sábado, o espectáculo Planetario Ciencia Kids-Fulldome Space, organizado e patrocinado pola Deputación de Lugo, estará no salón de actos do centro cívico de Xove en horario de 10.30 a 13.30 horas.

Pola noite, celebrarase a oitava edición do concurso de karaoke, a partir das 21.30 horas no pavillón municipal de deportes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...