InicioCulturaA axenda de ocio: en Mondoñedo, verbena ata que o corpo aguante

A axenda de ocio: en Mondoñedo, verbena ata que o corpo aguante

O Observatorio organiza en Burela un debate sobre feminismo con catro políticas e Cervo reabre as escollas vellas cunha exposición fotográfica

Publicada o

- Advertisement -

O Xornal da Mariña repasa a axenda de ocio da fin de semana.

ALFOZ

Este sábado (pavillón municipal, 18.00 horas) arrincan as sextas Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz, coa proba deportiva. A fregresía de Castro de Ouro defende título.

BURELA

Este venres, día 5, a compañía Volta e Dálle presenta en Burela a obra ‘Falar por falar. Trátase dun traballo de narración oral do vicedense Pepe Penabade e Carlos Santiago sobre a lingua galega. O espectáculo comezará ás 21.00 horas e o prezo da entrada será de catro euros.

Tamén o venres, unha hora antes, o Observatorio da Mariña Pola Igualdade reúne no Hotel Nordés a representantes de PP (Raquel Arias), En Marea (Lídia Senra), PSdeG (Patricia Otero) e BNG (Olalla Rodil) para falar de políticas feministas.

O venres, o sábado e mailo domingo continuará a celebración da Semana do Deporte de Burela, con charlas, actividades para nenos e o percorrido da ruta circular de sendeirismo do municipio. Podes consultar o programa completo neste enlace.

CERVO

As rehabilitadas escolas vellas de Cervo reabrirán o domingo cunha exposición de fotografías antigas da parroquia, compiladas polo mestre Francisco Piñeiro en colaboración co Concello e Airiños do Xunco.

San Cibrao acollerá o sábado o décimo sexto Encontro de Palilleiras (pavillón da Veiga, 12.00).

MONDOÑEDO

Mondoñedo prepárase para un fin de semana ininterrompido de música coa verbena máis longa de Galicia, da man da Asociación Galega de Orquestras (AGO). Das 21.00 horas do venres ás 21.00 horas do domingo, máis de 40 formacións daranse o relevo na Alameda dos Remedios para facer bo o dito “música ata que o corpo aguante”.

RIBADEO

O auditorio de Ribadeo acollerá este sábado (20.30 horas) un concerto do grupo Agüeira Project, que lidera o guitarrista afincado en Santalla de Oscos Reinhold Böhrer. A entrada custa catro euros.

Tamén o sábado, ás 19.00 horas no consistorio, o cronista oficial, Eduardo Gutiérrezpresentará a escolma de artigos ‘A muralla de Ribadeo e outras historias‘.

TRABADA

Catro locais (Villapol, O Porfirio, Camiño Norte e Taberna da Curuxeira) de Trabada ofrecen unha ruta de tapeo esta fin de semana, coas súas creacións culinarias a 1,50 euros.  

Cartel do tapeo de Trabada. AXM

.

VIVEIRO

En plena época de trampeo da velutina, o Concello de Viveiro organiza este venres, 5 de abril, a partir das 20.30 horas no consistorio, unha charla sobre a avespa asiática co investigador José María Vázquez, xerente de SERPA.

Cartel do rock in Flora. AXM

O tributo a AC/DC Riff Raff encabeza o cartel do sétimo Rock In Flora, que se celebra no bar de Area o sábado desde as 21.30 horas, con entrada a sete euros.

Cartel do evento. AXM

O domingo, ás 12.00, inaugurarase o Museo das Minas da Silvarosa, ubicado na escola antiga de Vieiro

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...