InicioEconomíaA catedral de Mondoñedo "axeónllase" ante a loita polo futuro do aluminio...

A catedral de Mondoñedo “axeónllase” ante a loita polo futuro do aluminio na Mariña

Centos de traballadores, familiares e veciños reclamaron cunha marcha nocturna o mantemento da produción e dos postos de traballo no complexo industrial de San Cibrao

Publicada o

- Advertisement -

Centos de traballadores de Alcoa, acompañados de familiares e veciños da Mariña Lucense, percorreron nas últimas horas do venres as rúas de Mondoñedo para reclamar unha solución para a planta de aluminio, sobre a que pesa un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado pola propietaria, que se resiste polo momento a vender a factoría ao potencial comprador da mesma, o grupo GFG Alliance / Liberty House.

Provistos de lanternas, nas súas mans ou nos seus casos de traballo, ataviados os traballadores coa roupa de faena, os manifestantes partiron da estación de autobuses ata a Praza da Catedral de Mondoñedo, berrando as consignas coñecidas, como ‘enerxía solución‘, ‘a solución, unha intervención‘, ‘as cubas non se paran‘ ou ‘A Mariña sálvase loitando‘. Tamén os seus requerimentos para que o Goberno de España e o da Xunta de Galicia se impliquen para garantir unha venda.

As campás da catedral ‘axeonllada‘ soaron á chegada dos traballadores, que seguen de pé e camiñando malia que se achega a data límite para concretar a operación -o 27 de setembro– sen que Alcoa e Liberty House chegasen por agora a un acordo de compra-venda.

Desde a praza lanzaron con luces a mensaxe, unha vez máis, de que “non só se vive do turismo“. A parada no emblemático lugar de Mondoñedo tivo de novo un carácter simbólico para reivindicar a industria como fonte de emprego e de riqueza; antes foron a muralla de Lugo, os cantís de Loiba ou As Catedrais. O persoal do complexo industrial esixe o mantemento da produción e do emprego, e insiste en que se Alcoa xa non quere producir aluminio na Mariña debe favorecer o traspaso a un proxecto industrial, o de Liberty House, que ven “claro e conciso”. A escritora mariñá Rita Morrigan leu un discurso no remate do acto.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...