InicioPolíticaFuente Parga, candidato do PP en Barreiros, atribúe á "oposición” a “imaxe...

Fuente Parga, candidato do PP en Barreiros, atribúe á “oposición” a “imaxe danada” do municipio

O rexedor barreirense deixou o partido conservador no 2015 trala apertura de xuízo oral contra el

Publicada o

- Advertisement -

O rexedor de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, formalizou o seu reingreso no Partido Popular (PP) co anuncio da súa afiliación e de que será o candidato á alcaldía dos conservadores no municipio.

Asesor fiscal de profesión, Fuente Parga agradeceu “as mostras de apoio dos barreirenses durante o proceso xudicial do que agardabamos a sentenza absolutoria que foi ditada nas últimas semanas”, en referencia ao fallo do Xulgado do Penal número 2 de Lugo que o absolve -tamén a cinco edís do goberno de 2006 e á arquitecta municipal- de prevaricación urbanística.

Tanto a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), que exerceu como acusación particular, como a Fiscalía recorreron a sentenza ao entender que o xuíz cometeu erros de apreciación nas probas.

PXOM

O candidato popular á alcaldía avanza que “tras traballar nos últimos anos na elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), está preparado para someter á súa aprobación inicial a comezos do vindeiro mandato”.

Fuente Parga aposta por “seguir traballando na prestación de servizos aos veciños e veciñas despois de incrementar a axuda a domicilio ao alcanzar a vintena de persoas que ofrecen esta prestación”.

O candidato do PP barreirense aspira a mellorar o servizo de gardería municipal e dos dous colexios do municipio” de forma que contribúan “ao asentamento da poboación”.

O rexedor pretende “impulsar Barreiros para recuperar a imaxe que tanto danou a oposición no noso concello e retomar proxectos para a súa consolidación como referente turístico na comarca da Mariña Lucense”.

Neste senso, tanto BNG como PSOE coincidiron en criticar o “urbanismo salvaxe” do goberno local, ao que acusaron de “desfacer a contorna do litoral” de Barreiros. 

“COMPROMISO”

A presidenta provincial do PP, Elena Candia, agradécelle a Fuente Parga “o seu compromiso co Partido Popular” e agarda que “continúe a traballar pola veciñanza de Barreiros, que xa lle ten demostrado o seu apoio nas últimas citas coas urnas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...