IniciosociedadeA Feira do Bonito loce cunha degustación na Praza de Abastos de...

A Feira do Bonito loce cunha degustación na Praza de Abastos de Lugo

A exaltación gastronómica e Produart, que se celebran a vindeira fin de semana, presentáronse na capital de provincia

Publicada o

- Advertisement -

A Feira do Bonito, que estreará neste 2019 a declaración de Interese Turístico Nacional, brillou cunha degustación do túnido na Praza de Abastos de Lugo.

No acto interviñeron a presidenta da asociación organizadora, Ledicia, Rocío Rivera; o alcalde de Burela, Alfredo Llano; e xerente da Fundación Expomar, José Manuel González “Brais”.

Tamén asistiron ao evento, entre outras autoridades, o deputado provincial Pablo Rivera Capón; a subdelegada de Goberno, Isabel Rodríguez; ou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; todos convidaron aos lucenses a achegarse á vila burelá do 1 ao 4 de agosto, cando será “o epicentro das actividades”, coa celebración da exaltación gastronómica, do certame de pintura mural Amarte ou da feira de produtos artesáns e ecolóxicos Produart.

O rexedor agradeceu ao Concello de Lugo a posibilidade de presentar a feira en Lugo e salientou que “o pobo de Burela foise construíndo a base de mareas de bonito“, para concluír que “queremos presumir de como pescan os nosos barcos o peixe, sempre de un en un e respectando o medio ambiente“.

ACTIVIDADES PARALELAS

“Brais”, pola súa banda, fixo fincapé en que Produart mostrará produtos “da nosa terra e da nosa contorna coa maior sensibilidade ecolóxica”. Ademais, subliñou que paralelamente á feira se celebrarán varias actividades paralelas. O venres haberá unha charla sobre o patrimonio da Mariña Lucense con Manuel Miranda. Tamén haberá talleres de cerámica e unha exposición permanente sobre a biodiversidade acuática da bisbarra.

Finalmente, Rivera destacou que a festa, o sábado, repartirá arredor de 3.500 quilos do túnido en diferentes especialidades: cocido, á grella, en empanada e salpicón. O domingo será a quenda do marmitako. Budiño ou Correcaminos Rock and Roll Band, con varios dos seus integrantes naturais de Burela, porán o ritmo á celebración, que pregoará a actriz Estíbaliz Veiga. Podes consultar o programa completo da Feira do Bonito e das súas actividades paralelas neste enlace.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...