De confirmarse que todos arroxan un resultado negativo poderán retomar as súas tarefas e deixar a corentena que iniciaron o pasado día 13 de abril.
E é que este luns cumpriuse o período de 15 días que os traballadores, veciños de Asturias, Portugal e Galicia, tiñan que pasar confinados na zona de forma preventiva despois de que un deles dese positivo en coronavirus nun primeiro test.
Con todo, nunhas segundas probas, todos arroxaron un resultado negativo, situación ante a que o capitán do barco, con armador asturiano, solicitou ás autoridades que a tripulación puidese completar o confinamento en alto mar mentres realizaba os seus labores de pesca a 80 millas da costa, nunha zona entre España e Francia.
Esta posibilidade foi rexeitada por Sanidade Exterior, organismo dependente do Ministerio de Sanidade, que recomendou que a tripulación completase a súa corentena 15 días no porto como medida de prevención. Os mariñeiros pasaron a corentena no propio barco.