IniciosociedadeContinúan a minguar os positivos no brote da Mariña: tres casos novos...

Continúan a minguar os positivos no brote da Mariña: tres casos novos e 29 altas, para un total de 86

O reconto oficial contabiliza 26 infectados menos ca onte; das 32 PCR realizadas, segundo a Consellería de Sanidade, tres resultaron positivas e 29 negativas

Publicada o

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) documenta 86 casos activos de coronavirus no brote da Mariña, segundo o reconto oficial ofrecido este luns. A Consellería de Sanidade documentou tres novos casos e 29 pacientes recibiron a alta, polo que se contabilizan 26 positivos menos ca no cómputo de onte.

Segundo concreta o Sergas, na última xornada efectuáronse 32 PCR, con tres positivos e 29 negativos.

Dos 86 casos activos -aqueles que poden transmitir o virus e non contan coas condicións para recibiren a alta epidemiolóxica-, “a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve”, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días.

CATRO INGRESADOS

No tocante á presión asistencial sobre o Hospital Público da Mariña, permanece estable. Catro pacientes con Covid-19 atópanse ingresadas en Burela, todas en planta, e a súa evolución é “favorable”.

407 CONFINADOS

Do mesmo xeito, as persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio. Nestes momentos, concreta a Consellería de Sanidade, hai 407 persoas confinadas, 17 menos ca onte.

SEN NOVOS CASOS NA RESIDENCIA DE BURELA

Na residencia de Burela, onde se localizou un positivo entre o persoal, o dunha traballadora substituta, non se documentaron máis casos, nin entre as obreiras nin tampouco entre os maiores.

A VILA BURELÁ SEGUIRÁ POLO DE AGORA PECHADA

Por outra banda, o municipio de Burela, que acumula 53 dos 86 casos do foco de Covid-19 mariñao, seguirá illado -coas entradas e saídas restrinxidas- ata alomenos o vindeiro mércores, cando a Xunta de Galicia decidirá se prorroga ou derroga as restriccións ao movemento das persoas aprobadas o pasado 15 de xullo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...