InicioSucesosOs veciños de Xunqueira urxen a Augas de Galicia a que drague...

Os veciños de Xunqueira urxen a Augas de Galicia a que drague o río, “que pode rebordar de novo”

O colectivo afirma que "houbo atranco de árbores e un almacenamento de auga que derivou nunha vaga" e sinala que, de cumprirse os prognósticos meteorolóxicos, "imos ter problemas"

Publicada o

- Advertisement -

A asociación de veciños de Valdeflores, en Xunqueira, urxe a Augas de Galicia a que “drague de forma urxente” o río Fontecova, que rebordou na noite do pasado domingo e causou a morte dunha muller de 83 anos, Amparo Berdeal Camba, e importantes danos materiais en casas e coches.

A agrupación veciñal resalta que, tralas chuvias moderadas deste martes en Viveiro, “o río está, entre a ponte da carretera e a ponte medieval, a só 20 centímetros de rebordar de novo cara a rúa colindante e anegar as casas que están máis baixas”.

O colectivo de veciños espuxo nunha carta a súa versión sobre a riada que aterrorizou ao barrio. O caudal, que alcanzou unha altura próxima aos dous metros, entrou na primeira planta de varias casas, estragando salóns e cociñas, e arrastrou varios coches de garaxes.

Na carta, os afectados critican a postura de Augas de Galicia, organismo competente na limpeza dos ríos fóra de territorio urbán. Despois da críticas de varios afectados, fontes do ente autonómico relativizaron a importancia de limpar o caudal e sinalaron que “non é posible evitar riadas en situacións de precipitacións extraordinarias”.

O colectivo veciñal de Valdeflores expón que “máis arriba do río, vese claramente que houbo un atranco de arbores e un almacenamento considerable de auga que ao romper ocasionu unha vaga que desfixo muros, peches, garaxes, a presa do río da curtiduría do seculo XVII”.

“todos os anos se remiten cartas para pedir a limpeza do río antes do outono e advertindo das consecuencias”, lamentan

ADVERTENCIAS

Todo iso achaiou a parte baixa do río no barrio vello en Xunqueira”, expón a agrupación, que lembra que “todos os anos se remite unha carta a Medioambiente, a Augas de Galicia e ao Concello de Viveiro, pedindo unha limpieza do río antes dos temporais do outono, e advertindo das consecuencias”.

Así, entenden que o sucedido “non se pode atribuír só a razóns meteorolóxicas”, unha tentativa que interpretan como “discursos de mal pagador”.

piden ao organismo autonómico que “desatranque o cauce de árbores caídas na parte superior”

Os veciños sinalan que, “se os prognósticos meteorolóxicos se cumpren, volveriamos ter outro problema. Por iso pedimos a Augas de Galicia, organismo responsable, que desatranque o cauce de árbores caídas na parte superior“.

OFICINA DE ATENCIÓN

A alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, precisou que “unhas 50 persoas” pasaron pola oficina de atención aos afectados habilitada no consistorio polo goberno local.

UNS 50 AFECTADOS, VECIÑOS E COMERCIANTES, PASARON POLO CONSISTORIO PARA PRESENTAR SOLICITUDES DE SUBVENCIÓNS

Solicitaron axudas para paliar os danos ocasionados tanto veciños de Xunqueira como comerciantes do centro de Viveiro, dado que o río Labrada tamén rebordou e prexudicou a máis de 50 negocios, especialmente aos das zonas da rúa Pastor Díaz e da Praza da Fontenova.

SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS

O goberno local fai inventario de afectados e de danos para solicitar algunha das axudas estatais que contempla a lexislación neste tipo de situacións.

O GOBERNO LOCAL FAI INVENTARIO DE AFECTADOS E DESPERFECTOS PARA SOLICITAR A DECLARACIÓN DE ZONA CATASTRÓFICA OU OUTRAS AXUDAS

Estamos en trámites. Veremos se podemos aspirar á declaración de zona catastrófica ou a unha subvención en materia de protección civil e emerxencias”, indica a rexedora, que indica que “temos un mes de prazo para presentar a petición”.

A MAIORÍA DOS NEGOCIOS ABRIU

A alcaldesa de Viveiro resalta o “tremendo golpe” padecido polos comercios viveirenses. Segundo expón Isabel Méndez, xerente do Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV), dos máis de 50 negocios afectados só quedan sen abrir “uns oito”.

DOS 50 NEGOCIOS ASOCIADOS AO CCHV E QUE PADECERON A RIADA, SÓ QUEDAN OITO SEN ABRIR

Dado como están os tempos, ninguén quere desaproveitar días de apertura, aínda que moitos teñen medo a que podan rachar os solos”, expón Méndez.

A tres semanas da campaña de Nadal e uns días do Black Friday, moitos negocios -como os de roupa ou calzado- terán problemas para repoñer o stock, pero “farán todo o posible por estar preparados”, sinala Méndez.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...